Constitución del Consello Escolar Municipal de Moaña

Hoxe 29 de xuño de 2015 ás 20:00h no Salón de Plenos de Moaña constituirase o Consello Escolar Municipal de Moaña. 
Este organismo colexiado no que está representada toda a comunidade educativa do concello levaba máis e catro anos sen reunirse. 
Está integrado por 7 representantes do profesorado (4 CIG, 1 STEG, 1 CCOO, 1 ANPE), 5 representantes dos grupos municipais (2 PP, 1 BNG, 1 PSOE, 1 XM), 4 representantes da Federación de ANPAS Arco da Vella, 3 representantes do alumnado escollidos en votación o pasado mércores, 1 representante da Federación de Asociacións de Veciños A Chamusca  e 1 representante da administración educativa. 
A orde do día será a seguinte:

1. Constitución do Consello Escolar Municipal de Moaña. 
2. Campamentos de verán 2015. 
3. Proposta de resolución sobre a creación dos fondos solidarios de libros de texto.
4. Necesidades infraestruturais dos centros educativos: priorización das mesmas.
5. Varios. 

O goberno de Moaña dálle moita importantancia a esta xuntanza para planificar e priorizar en base a criterios obxectivos as actuacións do Concello nos centros escolares durante o verán (punto 4) e para darlle o visto bo á programación de actividades de verán (punto 2) ademais de ter un posicionamento público ao redor do tema mais candente neste momento nos centros escolares (punto 3).