Convenio con el Concello permite a Xiria sacar adelante la XXXII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS

Pazos, alcalde; Che Mariño, presidenta de Xiria
É o festival teatral máis antigo e un dos máis prestixiosos dos que se celebran en Galicia.

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e a presidenta da Asociación Cultural XIRIA, María Xosé Mariño Abal, asinaron este venres un convenio de colaboración para desenvolver a XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas co obxectivo de cooperar entre ambas entidades para favorecer a divulgación e fomento das actividades teatrais entre os cangueses.
Este ano o evento celébrase entre o 3 e o 11 de xullo. A XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas cumpre a súa 32ª edición, facendo durante unha semana que a vila se converta nun referente teatral.
A través deste convenio o Concello de Cangas comprométese a destinar a cantidade de 8.000 euros e abonará en concepto de pago anticipado un total de 6.400 euros.
Asociación Cultural XIRIA
Esta asociación organiza este evento dende a súa creación no ano 1984. É unha asociación sen ánimo de lucro, encargada de organizar e xestionar diferentes proxectos en prol da recuperación, defensa e promoción do patrimonio cultural de Galicia, centrando a súa actividade no cine e moi especialmente nas artes escénicas.