Convocatoria de Asemblea pola Unidade, en Cangas

A Asemblea pola Unidade convida a toda a veciñanza de Cangas á súa nova Asemblea Xeral, que terá lugar hoxe xoves 25 de xuño, ás 20:30 horas, no salón de plenos do Concello.
Trataranse os seguintes puntos, cuxas decisións relacionadas co Goberno municipal se trasladarán despois ao Pleno do venres 26 de xuño ás 20h:
-Información sobre a conformación da Xunta de Goberno e das Comisións
-Proposta de gasto salarial e achegas económicas a grupos políticos
-Proposta de local propio
-Grupos de traballo