18/6/15

El Alondras 2015/16 comienza a perfilarse

O ALONDRAS COMEZA A CONFECCIONAR A PLANTILLA
Xa se coñecen os primeiros descartes para a tempada 2015/16
O Alondras CF xa comeza a dar seus primeiros pasos de cara a elaborar a súa plantilla para a vindeira tempada. A xa coñecida baixa do adestrador Josiño Abalde, súmanse agora a de varios xogadores que formaron parte do equipo cangués no curso pasado. O porteiro Manu Táboas e o dianteiro Richi, dúas das fichaxes que chegaron no pasado verán, son xogadores que abandonan as filas alondristas, ao igual que Berto, quen chegou no mercado de inverno, pero sen contar con demasiado protagonismo. Dous xogadores que por distintos motivos contaron con poucos minutos na última campaña como Carlos Campo e Jesús, tampouco continuarán no equipo alondrista, ao igual que Chichi. O defensa, a piques de cumplir os 35 anos non entra nos plans para afrontar a vindeira tempada.
O último descarte realizado polo Alondras de cara a campaña 2015/16 será a do central Toni Benavides. Despois de 10 tempadas defendendo as cores do Alondras, chegou o momento de despedirse dun xogador que regalou grandes momentos ao Alondras.
A directiva do Alondras CF quere agradecer a estes sete xogadores a súa entrega durante o tempo que vestiron a camiseta blanquivermella e deséxalle moita sorte nos seus proxectos futuros.