20/6/15

El ingenuo Gestido cree que el nuevo Gobierno de Cangas va a darle bola...

Gestido, José Luis.
O CONCELLEIRO DE CANGAS DECIDE, 
JOSÉ LUIS GESTIDO
OFRECE AO GOBERNO LOCAL 
A SÚA COLABORACIÓN PARA A
POSTA EN MARCHA DAS CONCELLERÍAS 
QUE ANTERIORMENTE
TIÑA O SEU CARGO.

José Luis Gestido considera un acto de responsalibidade
ofrecer a súa colaboración para o arranque destas
concellerías, posto que unha demora nas actividades
inmediatas como as do período do estival , suporían unha
perda de servizos para os vecinos e veciñas de Cangas .
Cangas,20 de xuño de 2015.- O edil de Cangas Decide, José Luis
Gestido, , pónse a disposición do actual goberno para a colaboración
no arranque e posta en marcha das concellerías anteriormente
levadas polo edil .
Gestido considera que é un acto de responsalibilidade, de cara ós
veciños e veciñas de Cangas, que non teñen por que sufrir a falta de
servizos inmediatos, como as actividades estivais.
O edil de Cangas Decide, sinala que igual que o actual goberno
manifestou que levará a cabo un novo estilo de gobernar, o partido
liderado por Gestido, levará a cabo un novo estilo de facer oposición .
Cangas Decide continúa traballando na estrutura do partido,
nomeando un responsable para cada unha das áreas que conforman
as necesidades de Cangas.
Gestido confirma que haberá un horario de atención a todos os
veciños, nun despacho habilitado na primeira planta do concello, xa

que considera que é a forma de facer política por e para todos.