El PP de Galicia pone en marcha su regeneración interna y la redefinición de su relación con los gallegos

José Manuel Rey Varela
Alfonso Rueda afirma que redefinirán a súa relación cos galegos en xeral e cos integrantes do partido en particular
O PPdeG designa a José Manuel Rey Varela como coordinador do equipo redactor da Ponencia que iniciou hoxe o seu traballo 
  • Anunciou a vontade dos populares de facer participativa a elaboración do texto e explicou a estrutura inicial da Ponencia
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou a designación de José Manuel Rey como coordinador do equipo redactor da Ponencia política que os populares celebrarán no mes de xullo. Ademais, adiantou o resto de acordos aos que chegaron os integrantes do equipo redactor da ponencia na súa primeira reunión, celebrada esta mesma mañá e que estivo presidida polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.
Con respecto as principais razóns da elección de José Manuel Rey como coordinador, Rueda destacou que a política municipal é máis preta aos cidadáns e que esa proximidade é clave para inaugurar a etapa do PPdeG. Para iso, consideran por unanimidade que non hai persoa que coñeza mellor esa política que Rey, quen ten sido concelleiro de goberno, concelleiro de oposición, alcalde e, ademais, presidente da Fegamp.
A segunda das decisións adoptadas esta mañá tivo que ver coa vontade dos populares de facer eminentemente participativa a elaboración deste texto. Para iso xa está a funcionar unha conta de correo electrónico á que mandar propostas e en breve haberá un espazo web específico para recibir ideas pero pensado tamén en manter unha comunicación fluída coas persoas que desexen participar activamente da elaboración desta Ponencia.
Alfonso Rueda asegurou que ademais das persoas que voluntariamente se queiran dirixir a eles, “nós imos a dirixirnos a esa sociedade civil”; facendo referencia aos galegos que os votaron el 24 de maio, aos que non o fixeron nesta ocasión e aos que nunca o fixeron. Para iso, o secretario xeral dos populares informou de que remitirán unha carta á preto de 200 asociacións, organizacións e colectivos diversos co obxectivo de recordarlles as canles de participación abertas e para informarlles de que o equipo encargado de redactar esta Ponencia está a súa disposición para atendelos e recoller as súas inquedanzas.
Ademais, outra das decisións que tomaron neste aspecto foi que pedirán “ao propio partido que se implique dende o primeiro momento nesta Ponencia, que suporá un novo xeito de facer as cousas” declarou. 
O terceiro acordo ao que se chegou hoxe tivo que ver coa propia estrutura da Ponencia para o que decidiron presentar -de maneira inicial- un prólogo que defina as súas prioridades, tres bloques temáticos, e un apartado final a modo de conclusións.
Con respecto aos bloques temáticos Rueda explicou que farán referencia a tres áreas concretas: un área económica, un área social, e un área de participación, sendo esta última, clave para avanzar ao mesmo ritmo que a sociedade.