ESCOLA DE REMO PARA OS NENOS E NENAS, DA MAN DO CLUB DO MAR DE BUEU

ESCOLA DE REMO PARA OS NENOS E NENAS DA MAN DO CLUB DO MAR DE BUEU

O Club do Mar de Bueu organiza para os meses de xullo e agosto a Escola de Remo de Verán, destinada a nenos e nenas a partir de oito anos. É requisito imprescindible saber nadar e desenvolverase os luns, mércores e venres de 11 a 13 horas. Para inscribirse, os interesados poden achegarse polo Club do Mar de Bueu-Teccarsa ou dirixirse aos números de teléfono 630869821 e 667412970.

A organización destaca que a reserva se pode facer polo tempo que se desexe.