EXPOSICIÓN DE PINTURA E BORDADO NA SALA DOMÍNGUEZ BÚA, en BUEU

Entre hoxe, 29 de xuño, e o 5 de xullo, a sala Domínguez Búa terá expostos diferentes traballos de pintura e bordado realizados pola Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro. A asociación expoñerá arredor de cinco traballos por cada unha das oito persoas que acoden ás clases de labores de costura e das doce que acoden a pintura. O horario de visita será o mesmo co da Oficina de Turismo e os visitantes poderán ver diferentes tapetes, manteis, cadros e algunhas mostras de pintura en tea, elixidos entre os que máis lles guste a cada unha das alumnas.

A Asociación Mulleres Rurais conta cun total de corenta socias e acoden a diversas actividades, entre as que se inclúen obradoiros da Deputación (o próximo será un de memoria) e outras actividades que realizan en locais do Concello.