FECIMO continúa coa formación empresarial, desta vez centrada na xestión de clientes e as estratexias de fidelización


FECIMO continúa coa formación empresarial, desta
vez centrada na xestión de clientes e as estratexias
de fidelización
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO
celebrará unha xornada que versará sobre: "A XESTIÓN DE CLIENTES E
ESTRATEXIAS DE FIDELIZACIÓN”, continuando a formar ás súas
empresas asociadas do Morrazo para ofrecer un servizo de calidade aos
clientes.
Será este MÉRCORES, 24 DE XUÑO ás 21:15h na sede da
Federación en Cangas – Avda. De Vigo nº91 baixo-. Terá unha
duración de 2 horas e será impartida por Fernando Simón, Especialista en
Venda Relacional, co que xa se realizaron outras actividades de técnicas de
venda.
É unha xornada dirixida a calquera sector e actividade, que abarcará temas
como:
 Sistemas de xestión de clientes. Aumentar as vendas coas
novas ferramentas de márketing.
 A xestión de clientes con software CRM - O caso
"ConAlfombraRoja".
 Mellorar a xestión do tempo.
 Segmentación de clientes.
Os asistentes coñecerán da man dun profesional as tendencias en
marketing e como poden axudarlle as novas tecnoloxías a mellorar a
experiencia de compra e a fidelidade dos seus clientes.
Verán cómo crear campañas personalizadas en función dos diferentes
gustos e intereses do cliente lles pode resultar rentable, así como a
importancia da comunicación.
Dado que o aforo é limitado, rogan ás empresas interesadas se
poñan en contacto coas oficinas da federación a través do teléfono
986 305 000 ou mediante correo electrónico a fecimo@fecimo.es.