Fin de semana de campeonato : calzón náutico y ¡a la playa!

VENRES : Continúa a influencia anticiclónica coa persistencia do aire cálido, aínda que unha fronte moi pouco activa deixará nubes no extremo norte da Comunidade. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes de estancamento persistentes no norte de Lugo, que de xeito máis ocasional afectarán a puntos do norte da Coruña. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máxmas na metade norte. Os ventos soprarán do nordés, moderados na costa e frouxos no interior pola mañá, aumentando en xeral en intensidade pola tarde cando acadarán refachos fortes no litoral entre Bares e Fisterra.

SÁBADO : Unha xornada máis, Galicia continuará baixo a influencia anticiclónica con tempo moi estable. Os ceos estarán despexados con só algunhas nubes de estancamento no norte de Lugo durante as primeiras e derradeiras horas do día. As temperaturas non terán cambios significativos, con algúns descensos puntuais. Os ventos soprarán do nordés na metade norte, con intervalos moderados mesmo fortes entre Bares e Fisterra. No sur os ventos serán frouxos de dirección variable con réxime de brisas nas Rías Baixas.

METEOGALICIA