Jacobo Montes llega al Alondras soñando con otra fase de ascenso

El nuevo fichaje y el presidente
O Alondras CF presentou oficialmente esta tarde ao seu novo adestrador, Jacobo Montes. O redondelán amósase moi contento e satisfeito pola súa fichaxe. Admite que se fixo de rogar por esas opcións que tiña de fichar polo Celta B, mais afirma que agora non importa o non sucedido, está en Cangas é a súa realidade e ledicia é o Alondras.  Malia a longa espera da confirmación desta fichaxe Montes recoñece que vir a Cangas é un paso moi importante a súa carreira, o Alondras é un bo escaparate que o pode achegar ao profesionalismo. Gaba ao seu novo club dicindo que se trata dunha entidade emblemática e que xa o tiña falado co seu axudante, de que era un bo destino no que traballar, ademais preto da casa e finalmente aquí está.
Se ten que dicir un estilo de xogo para o seu equipo teno claro. Quere un equipo que saia sempre a polo partido, un equipo que teña a posesión, cun ataque e unha defensa posicional, que faga ben as transicións e que sexa contragolpista. En definitiva, quere un equipo serio, completo e competitivo. Para iso estará acompañado no banco do seu axudante no Choco, Sergio Andrés Táboas e un adestrador de porteiros da casa que porá o Alondras.
Jacobo Montes non pode ocultar a súa ilusión cando fala dos obxectivos co Alondras e axiña di que lle gustaría facer o mesmo que en Redondela esta última campaña se se dan as circunstancias. Aínda que tamén é prudente é manifesta que a meta é acabar como mínimo entre os seis ou sete primeiros, todo será en función do que suceda.

A plantilla xa vai tomando forma
Agora toca planificar a plantilla de cara ao inicio da pretempada. Non cabe dúbida que el estaba detrás das sete baixas coñecidas esta semana das cales di que así é o fútbol e que busca facer un bloque competitivo. Neste momento o club está centrado nas renovacións do resto de xogadores. Polo de agora están xa renovados Martín, Leiro, Pitu, Mauro, Abel, Firi, Joni, Iván e Javi, ben é certo que este último está pendente de saír de Erasmus no seu último ano de carreira e confirmará a súa decisión definitiva a comezos da vindeira semana. O club ofreceulle tamén a renovación a Andrés e Pablo Berros que darán unha resposta ao club nas vindeiras horas. Mentres que con Castilla e con Rubén Comesaña aínda non se iniciaron as conversacións xa que estes atópanse fóra por vacacións.

No referente a fichaxes expresa que ten varios nomes en mente, pois hai que cubrir as necesidades do equipo, pero sen esquecerse nunca da capacidade económica do club, hai que saber adaptarse ás circunstancias. Pero veñen días de negociacións e intentarase traer aos que se teñen en mente ata completar unha plantilla de 20 xogadores máis Andrés, un xogador que cada tempada pasa tempo fóra polo seu traballo, pero que cando está aporta moito ao equipo. Pretende ter a plantilla pechada unha semana antes de comezar a pretemporada que se prevé para o 15 de xuño.