15/6/15

Julio : llegan las fiestas del Carmen y los Dolores, en Bueu

PROGRAMA DA FESTA DO CARME 
E DOS DOLORES DE BUEU
A un mes da festividade do Carme, Bueu xa ten decidida a celebración desta festividade na vila. Os actos comezarán o xoves 16 de xullo con pasarrúas a cargo da Banda de Música Artística de Bueu ás 10 horas, seguida de misa ás 12 horas con procesión ata a Lonxa de Bueu, acompañada pola banda de gaitas Manxadoira e a Banda de Música de Bueu. Ás 18 horas, de novo terá lugar na Lonxa unha Misa Maior cantada pola Coral Polifónica Maruxía de Bueu, seguida da procesión marítima e o regreso á igrexa. Pola noite, as orquestras Los Players e Principal serán as encargadas de poñer a música e o baile.
O venres 17, haberá un pasarrúas ás 10 horas a cargo da Banda de Música de Vilanova de Arousa, e á noite a verbena estará amenizada por Primera Línea e Condor Band. 

E xa o sábado culmina a festividade, celebrándose ás 10 horas o derradeiro pasarrúas a cargo de Charanga F.D.A., e pola noite actuarán a orquestra Tango, seguida de fogos de lucería ás 24 horas. Ao remate dos mesmos, actuarán os grupos The Black Trais e Foxi Freire.