15/6/15

Libros : llega "a neve interminable", de Agustín Fernández Paz

CASA DO LIBRO DE VIGO 
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
presentan o libro:

A neve interminable
de Agustín Fernández Paz

O acto, que contará coa participación de Ledicia Costas, Manuel Bragado Agustín Fernández Paz,
terá lugar o xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, Velázquez Moreno, 27 de Vigo

Fernández Paz
A neve interminable
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.