27/6/15

LOS SISTEMAS DE DUNAS DE BARRA Y NERGA PASAN A SER PROTEGIDOS

MEDIO AMBIENTE INICIARÁ NOS VINDEIROS DÍAS TRABALLOS DE PROTECCIÓN DOS SISTEMAS DUNARES DAS PRAIAS DE BARRA E NERGA, EN CANGAS, PARA GARANTIR A SÚA CONSERVACIÓN
  • O sistema proposto é a instalación dun valado de postes de madeira e arame que evite o paso indiscriminado dos visitantes pola fronte dunar, pero permitindo ao mesmo tempo o libre acceso dos usuarios da praia
  • Dende o Goberno galego considérase imprescindible tomar medidas o máis axiña posible para reforzar os valados de protección alí onde os procesos erosivos tiveron maior impacto nos hábitats dunares
A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, iniciará nos vindeiros días traballos de protección dos sistemas dunares das praias de Barra e Nerga, no Concello de Cangas, co fin de garantir a súa conservación.

O sistema proposto pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza é a instalación dun valado composto de postes de madeira e arame que evite o paso indiscriminado dos visitantes pola fronte dunar, pero permitindo ao mesmo tempo o libre acceso dos usuarios da praia.  

A actuación que se pretende levar a cabo está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Nos últimos anos véñense producindo no litoral de Galicia unha serie de acontecementos climáticos, con frecuentes e fortes borrascas e importantes variacións no nivel do mar, que teñen afectado a práctica totalidade dos hábitats de interese comunitario. 

Paralelamente a esta perda dos hábitats, os visitantes e usuarios das praias invaden estes terreos erosionados, mesmo de forma lúdica, acelerando o proceso de erosión. Neste sentido, dende o Goberno galego considérase imprescindible tomar medidas o máis axiña posible para reforzar os valados de protección alí onde os procesos erosivos tiveron maior impacto nos hábitats dunares.