Los trenes turísticos de la Xunta arrancan otro verano más en pos del "no hay billetes"

Turismo de Galicia pon en marcha o tren turístico da Ruta dos Viños das Rías Baixas
  • Comeza así a súa andaina outra das sete rutas que permiten descubrir as diferentes zonas de Galicia con variadas temáticas dentro do programa ‘Galicia a todo tren’
  • Hoxe partiu tamén de novo o tren da Ribeira Sacra por segundo sábado consecutivo, despois do éxito acadado na súa primeira viaxe
  • Nas próximas semanas poranse en marcha o resto de rutas destes trens turísticos que ofertarán un total de 2.524 prazas, 74 prazas máis que o pasado ano
O tren turístico das Rías Baixas do innovador programa ‘Galicia a todo tren’ de Turismo de Galicia arranca este domingo a súa primeira viaxe. Deste xeito, galegos e turistas teñen dende hoxe unha nova posibilidade de coñecer os territorios vitivinícolas desta denominación vitivinícola galega.

Ponse en marcha, así, outra das sete rutas que permiten descubrir as diferentes zonas de Galicia con variadas temáticas: a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do Viño que recorrerán os distintos territorios vitivinícolas galegos: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras.

Os viaxeiros do tren desta Ruta do Viño das Rías Baixas desfrutarán desde o seu asento da suave paisaxe da ría de Arousa e poderán observar as medievais Torres do Oeste de Catoira. 

Esta Ruta inclúe tamén unha visita as adegas de Martín Códax e Pazo de Fefiñáns e un paseo polo centro histórico da vila de Cambados, a capital do Albariño.

Pola tarde os pasaxeiros vivirán a emocionante experiencia dun paseo en barco pola Ría de Vigo e desembarcarán na Illa de San Simón.

Por outra parte, hoxe partiu de novo o tren da Ribeira Sacra por segundo sábado consecutivo, despois do éxito acadado na súa primeira viaxe.

Este tren das Rutas dos Viños de Galicia permite disfrutar dunha fantástica xornada nos territorios da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra.

Así, leva aos seus pasaxeiros á zona da Ribeira Sacra no tren motorizado Aba Sacra para visitar a adega Regina Viarum da D.O.P. Ribeira Sacra.

Máis tarde, un autobús os trasladará ata Monforte de Lemos, onde visitarán o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra.

Tras a estadía en Monforte de Lemos, os viaxeiros partirán en autobús a Santo Estevo de Ribas de Sil para coller o catamarán turístico e facer un cruceiro polo encoro. Así mesmo, visitarán o mosteiro de Santo Estevo e disfrutarán dunha auténtica queimada galega.

Para finalizar, os viaxeiros visitarán a estación de Os Peares e o seu entorno, así como, a Aula ferroviaria.

Próximas viaxes inaugurais
Nas próximas semanas poranse en marcha o resto de rutas destes trens turísticos que ofertarán os sábados e domingos dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un total de 2.524 prazas, 74 prazas máis que o pasado ano.

O próximo domingo 28 de xuño fará a súa viaxe inaugural o tren da Ruta de Valdeorras. O tren da Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e do Ribeiro arrancarán o sábado 11 de xullo, e por último, o de Monterrei comezará o sábado 18 de xullo.