Lunes de calorazo para despedir el mes

A situación meteorolóxica desta xornada virá marcada pola entrada dunha masa de aire cálido dende o interior da península Ibérica que ocasionará un ascenso das temperaturas máximas, con sensación de calor xeneralizada. Os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas e néboas nas primeiras horas no litoral norte e metade norte da provincia de Lugo. Cara á noite entrarán as brétemas polo litoral atlántico. As temperaturas mínimas non experimentaron cambios significativos mentres que as máximas ascenderán, especialmente na provincia da Coruña. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral norte.