Lunes : los 40 grados de Ourense y la cuenca del Miño, la Xunta alerta nivel naranja

A XUNTA ALERTA DUN EPISODIO DE TEMPERATURAS MÁXIMAS DE NIVEL LARANXA PARA ESTA TARDE NA ZONA DO MIÑO E NOROESTE DA PROVINCIA DE OURENSE
  • Para hoxe espéranse 40 graos, o que significa nivel laranxa, en varias zonas do interior da Comunidade
  • Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións
A Xunta de Galicia alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa que se iniciará ao mediodía de hoxe e finalizará ao remate do día nas zonas de Miño e noroeste da provincia de Ourense. Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse ata 40 graos centígrados ao longo da tarde.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros. 

Consellos e recomendacións
Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, especialmente ás persoas maiores, discapacitadas, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas, que tomen algunha medicación habitualmente ou que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre:

  • Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.
  • Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle.
  • Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor. 
  • Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente, a cabeza. 
  • Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día. 
  • Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan solas ou illadas. 
  • Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.


Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese.