O ALONDRAS CF PRESENTA SEU CAMPUS 2015

O ALONDRAS CF PRESENTA SEU CAMPUS 2015 : 80 rapaces gozarán das actividades programadas para todo o mes de xullo
O vicepresidente José García e o directivo do club Jesús Fernández realizaron a presentación do Campus Fútbol Base 2015 con numerosas actividades programadas para esta edición.
O Campus está baseado no formato de anos anteriores. Combina adestramentos técnicos e tácticos formativos. O fútbol servirá de base a outras actividades en grupo, sendeirismo, xornada de deportes náuticos e outros deportes nas instalacións vindeiras a este evento, como bádminton ou hóckey. Os nenos serán distribuídos en grupos de idade e crearase un grupo de traballo específico para porteiros. 
Como en cada edición será dirixido por monitores titulados e o horario de cada xornada lúdica será de 10 a 13:30 horas, dende o 1 ata o 31 de xullo. Cabe a posibilidade de elixir o número de días a asistir ao Campus: 2 días 60€, 3 días 70€ e cinco días 90€.
A organización do evento proporciónalle a cada rapaz dúas camisetas técnicas, un pantalón e un par de calcetíns. Ademais dunha bebida e un refrixerio a media mañá. Para contar coa máxima seguridade dos nenos participantes a organización inclúe un seguro de accidentes.  
Nel participarán un máximo de 80 nenos nacidos entre 2003 e 2010. Poderán formalizar a inscrición ata o próximo 26 de xuño entregando unha ficha na oficina do club en horario de 18:30 a 20:30 horas, remitila por fax 986111911, ou por correo electrónico campus@alondrascf.com