Orden expresa de Feijóo : los presupuestos de Galicia en el 2016 priorizarán el crecimiento económico, el esfuerzo inversor y la creación de empleo

OS ORZAMENTOS PARA 2016 PRIORIZARÁN AS POLÍTICAS DE GASTO ENCAMIÑADAS A POTENCIAR O CRECEMENTO ECONÓMICO, O ESFORZO INVESTIDOR E A CREACIÓN DE EMPREGO

  • Impulsaranse a economía do coñecemento, a cohesión social, o crecemento sostible e unha administración máis eficiente, moderna e próxima ao cidadán
  • Cada proxecto de gasto contará con indicadores que determinen o seu grao de execución e a consecución dos obxectivos
  • O proceso orzamentario articularase ao abeiro da Comisión de análise e avaliación dos obxectivos dos programas de gastos, a Comisión de ingresos propios e finalistas e a Comisión funcional do gasto
A orde da Consellería de Facenda que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) fixa como prioridades para a elaboración dos Orzamentos da Xunta para 2016 as políticas de gasto encamiñadas a potenciar a recuperación da actividade económica, co obxectivo de mellorar a senda de creación de emprego e aproveitando ao máximo o esforzo investidor.

Así, as instrucións incluídas nesta orde fixan que os orzamentos para 2016 axustaranse a criterios como a empregabilidade e o crecemento intelixente a través da modernización integral do sistema produtivo baseada na innovación, o coñecemento e a internacionalización. Destaca tamén a mellora da cohesión social e benestar e a calidade de vida para conseguir unha sociedade máis xusta que garanta a igualdade de oportunidades.

Igualmente, apostarase polo crecemento sostible que poña en valor o potencial medioambiental e turístico de Galicia, as enerxías renovables e o fortalecemento do sector primario. Potenciarase ademais o fomento das competencias dixitais na sociedade e aqueles obxectivos encamiñados a acadar unha administración que sexa eficiente, moderna e máis próxima ao cidadán.

Segundo establece a orde, cada proxecto de gasto incluído nos Orzamentos da Xunta para 2016 deberá contar cos oportunos indicadores que permitan determinar o seu grao de execución, así como a súa contribución á consecución dos obxectivos aos que estean vencellados.

Tres comisións
Baixo estas premisas, o proceso orzamentario estrutúrase en torno a tres comisións. Así, a Comisión de análise e avaliación dos obxectivos dos programas de gastos avaliará os obxectivos estratéxicos e operativos asignados aos distintos programas de gasto e aos seus indicadores de resultado, así como a coherencia dos indicadores de produtividade asignados a cada partida orzamentaria. 

Pola súa banda, á Comisión de ingresos propios e finalistas corresponderanlle as tarefas de determinación, análise e agregación dos datos precisos para elaborar as previsións sobre taxas e prezos e demais ingresos de dereito público, sobre ingresos de carácter finalista procedentes da Administración do Estado ou doutras administracións públicas e sobre as correspondentes aos organismos autónomos e axencias. 

Finalmente, a Comisión funcional do gasto formulará e determinará a distribución do orzamento por programas, capítulos e proxectos de gasto.