“Produtos de apoio na enfermidade de alzhéimer”, charla-coloquio en Moaña

O vindeiro mércores 17 de xuño, ás 19.30 horas, terá lugar a charla “Produtos de apoio na enfermidade de alzhéimer” a cargo da terapeuta ocupacional de AFAMO no Centro de día de alzhéimer de Moaña (ao lado da piscina municipal)
Esta charla está orientada a proporcionar un maior coñecemento da existencia e prestacións dalgúns produtos de apoio.
Os produtos de apoio permiten realizar actividades da vida diaria con maior autonomía, seguridade e comodidade. Ademais de reducir o esforzo que require a tarefa, disminúen o risco de lesións e dor.
Falaremos tanto de utensilios simples para adaptar os cubertos como de sistemas de prevención de úlceras por presión.