Prosigue Bueu con su constante actividad cultural

BUEU : CONTACONTOS ‘O SEÑOR GRAVATA TORTA’ DA MAN DA PEQUE FACTORÍA
A Asociación Social Cultural Recreativa A Peque Factoría organiza unha nova sesión de contacontos titulada “O señor gravata torta”  dirixida a nenos de entre 0 e 4 anos, acompañados dalgún adulto. 

A actividade celebrarase o 12 de xullo ás 12 horas no local da Factoría de Proyectos da rúa Eduardo Vincenti, e os que desexen participar deberán inscribirse enviando un correo a apequefactoria@hotmail.com, cun donativo de tres euros.

FESTIVAL DE ESCOLAS DE RETROUSO O DOMINGO 28 DE XUÑO NO CENTRO SOCIAL
O domingo 28 de xuño a Asociación Cultural Retrouso de Cela organiza o Festival de Escolas de Retrouso a partir das 19 horas no Centro Social do Mar, en Bueu, cunha entrada gratuíta. Neste festival amosaranse os diferentes grupos de iniciación e perfeccionamento que compoñen Retrouso, para ensinar o traballo que se leva a cabo nas distintas escolas tradicionais. Nas últimas edicións, este festival coñécese co nome de “Memorial Teresa Pedrouso”, en lembranza da primeira profesora de acordeón e solfexo da escola, falecida no 2009 e que permanece na memoria dos alumnos e alumnas.
A asociación Retrouso de Cela nace no ano 1996 dunha unión de mozos e mozas interesados na música e danza tradicionais que se xuntan para dinamizar a súa parroquia nestes ámbitos. Comezaron tan só cun grupo de bailadores/as ata medrar e converterse nunha agrupación de referencias en todo o Morrazo. Na actualidade contan con mestres/as altamente cualificados que levan adiante escolas permanentes, con distintos niveis. Ao longo do ano organizan diversas actividades musicais, tales como a Foliada da Chuva, Bando das Navidades de Cela, Festival de Panxoliñas e outros festivais.