PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL ‘MARCADOS PARA SOBREVIVIR’ EN BUEU

Este venres 26 de xuño a partir das 20 horas, a cafetería Rosalinda de Bueu acollerá a proxección do documental Marcados para sobrevivir,  que estará seguido dunha charla coloquio co produtor e cámara submarina José Irisarri. Este documental conforma a segunda entrega da serie  El mar del fin del mundo e foi galardoada co premio Barandilla de Oro no Festival Internacional de Cine Submarino de San Sebastián.
A entrada será libre e os asistentes poderán gozar de traballadas imaxes submarinas de diferentes recunchos das rías galegas acompañadas dunha metódica investigación científica que tentan mostrar a importancia de xestionar ben os recursos pesqueiros. 

A actividade está organizada polo GAC Ría de Pontevedra e estase proxectando en diversas localidades nunha campaña de concienciación da pesca sostible, e nela colabora o Concello de Bueu e a cafetería Rosalinda.