25/6/15

Reabierto el debate sobre la eólica, el conselleiro Conde recuerda cuatro cosas...

CONDE DEFENDE QUE FOI O GOBERNO ACTUAL O QUE APORTOU SEGURIDADE XURÍDICA AO DESENVOLVEMENTO DA EÓLICA EN GALICIA 
  • O conselleiro de Economía e Industria salienta que hai 12 sentenzas que dan a razón á Xunta na anulación do concurso eólico do bipartito
  • Lembra que o reparto eólico do bipartito foi cuestionado polo Consello Consultivo, polo propio presidente da Xunta naquel momento e pola comisión de avaliación do concurso
  • O proceso actual segue adiante coa tramitación do 83,5% dos megavatios da convocatoria, con 11 parques xa autorizados que suman un investimento de máis de 354 millóns 
  • Os plans industriais asociados ao concurso suman máis de 800 millóns de investimento e 1.800 postos de traballo
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, defendeu no Parlamento galego que foi o actual Goberno galego o que aportou seguridade ao desenvolvemento da eólica en Galicia. Conde resaltou que ese traballo supuxo en primeiro lugar a anulación dun concurso eólico “cheo de sombras”, o do bipartito, cuestionado polo TSXG, que avalou a súa anulación en 12 sentenzas; polo Consello Consultivo, que observou trazas de ilegalidade; polos 55 recursos presentados contra a resolución; polo presidente da Xunta naquel momento; e polos membros da comisión de avaliación do concurso, que abandonaron o procedemento. 

Para garantir unha seguridade xurídica plena ao sector eólico, e en resposta a un compromiso electoral do propio presidente, o goberno galego suspendeu primeiro, e anulou despois, ese concurso. Fronte á inseguridade xerada polo reparto eólico do bipartito, sinalou Conde, o actual Goberno galego traballou para recuperar o tempo perdido. Froito dese traballo aprobou a Lei 8/2009, que establece un canon eólico, a pagar polas empresas promotoras, grazas ao que se recadaron 137 millóns de euros que están a beneficiar aos concellos galegos. 


A ese texto se sumou o novo concurso en 2010, no que o Goberno actual primou a obxectividade, a transparencia e a seguridade xurídica, reforzando o investimento e a creación de emprego. E pexe a unha situación complexa, no marco actual da reforma eléctrica, o concurso eólico galego continua avanzando, coa tramitación do 83,5% dos megavatios do concurso, e a autorización de 11 parques, que suman 254 MW e un investimento de máis de 354 millóns de euros. Un efecto positivo ao que se engaden os plans industriais asociados, que están a desenvolver as empresas adxudicatarias, e que suman máis de 800 millóns de investimento e 1.800 postos de traballo, máis da metade dos comprometidos ata o 2020.