15/6/15

Viviendas en isla grande de Ons : Valedor do Pobo da la razón al Concello de Bueu en su queja sobre agua y luz

O VALEDOR DO POBO  DA A RAZÓN AO CONCELLO DE BUEU Á QUEIXA SOBRE A LUZ E A AUGA DE DÚAS VIVENDAS DE ONS
O  Valedor do Pobo vén de remitir un informe positivo ao Concello de Bueu referente á queixa presentada por este no tocante á solicitude dos servizos de abastecemento de auga e subministración de enerxía eléctrica para dúas vivendas situadas nas inmediacións da praia de Melide, no termo das illas Ons que aínda non contan con este servizo. 
O informe da a razón ao Concello buenense e fai dúas recomendacións á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: que redacte  e autorice proxectos técnicos necesarios para a prestación de servizos básicos de auga e enerxía, e que aprobe unha orde de axudas ás que poidan acceder os concesionarios das vivendas para acadar os servizos demandados. 
Tras un proceso que vén de finais do 2014, o alcalde da vila, Félix Juncal, móstrase satisfeito porque “finalmente prevaleceu a razón xa que non é xusto que unhas vivendas conten con estes dous servizos e outras non no mesmo réxime de concesións”. 
A finais de 2014, a dirección Xeral de Conservación da Natureza, resolveu que o Concello era a administración competente para prestar estes servizos públicos, ao que estaba obrigado. Ademais, este organismo tamén transmitiu un informe coa resolución do outorgamento destes dous servizos básicos, e pola que se obrigaba a pagar unhas taxas anuais, aínda que non contan co servizo. Tras isto, o informe deixa patente que, mesmo se as illas Ons pertenzan ao Concello de Bueu, son propiedade da Xunta de Galicia, algo que desde o goberno local  resaltan “por ser o que nós defendiamos desde o comezo”. 

Os veciños afectados de Ons, que teñen un réxime de concesión das súas casas e non son propietarios no sentido estrito, serán convocados a unha reunión no Concello xunto co representante legal do mesmo para tratar estes temas.