Xosé Manuel Pazos Varela y Leticia Santos son los nuevos alcaldes -respectivamente- de Cangas y Moaña

Leticia Santos, nueva alcaldesa de Moaña
En Cangas, tomó posesión el nuevo alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela. El nuevo líder de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) se pone al frente de un gobierno de coalición con el BNG y Asemblea pola Unidade.  Los de ACE ya anunciaron sus responsabilidades : Mariano Abalo dirigirá el área de Urbanismo y Patrimonio, Tania Castro se responsabiliza de Medio Ambiente y Turismo, mientras que Xosé Manuel Pazos dirigirá desde la Alcaldía, Facenda, Régimen Interior, Personal, Policía Local y Protección Civil. 
Todo parece indicar que el BNG se ocupará de Obras y Servicios con Mercedes Giráldez; la concejalía de Educación y Deportes será de Xoán Carlos Chillón; mientras que Héitor Mera se hará cargo de Cultura e Normalización Lingüística y Lourdes Rial sería la titular de Mobilidade. 
Asemblea pola Unidade (ASpUN) aún no habría decidido qué concejales llevarán las áreas que les fueron delegadas tras las negociaciones para formar gobierno. 

En Moaña, Leticia Santos, del BNG, fue proclamada hoy nueva alcaldesa, contando con los votos del nacionalismo, mas el apoyo de los tres concejales del PSOE con los que el BNG formará el nuevo gobierno bipartito. Por su parte, la candidata socialista Marta Freire ocupará la tenencia de alcaldía. Con nueve votos a favor, Leticia Santos dirigirá Moaña relevando así a José Fervenza que se mantendrá ahora como portavoz en la oposición. La corporación quedará completada con el edil independiente Javier Carro.



ACORDO SUBSCRITO POLO BNG E PSdeG-PSOE
PARA O GOBERNO DO CONCELLO DE MOAÑA NO PERÍODO 2015/2019 

En virtude dos resultados das Eleccións Municipais celebradas o 24 de maio de 2015, e amparadas na maioría absoluta da Corporación que lles conceden eses resultados, as organizacións políticas BNG e PSdeG-PSOE con 6 e 3 representantes na Corporación Municipal:
ACORDAN
Asinar un Pacto de Goberno para o período 2015/2019, fundamentado nos seguintes puntos:
1. Os concelleiros e concelleiras de ambas organizacións políticas adquiren o compromiso firme de votar no Pleno de Constitución da nova Corporación como alcaldesa á candidata proposta polo BNG, como forza máis votada entre as asinantes deste acordo.
2. A candidata proposta polo PSdeG-PSOE desempeñará a única Tenencia de Alcaldía.
3. Os concelleiros e concelleiras de ambas organizacións políticas comprométense ao apoio da acción de goberno durante todo o mandato.
4. O consenso, a lealdade e a cordialidade serán as bases que sustentarán as decisións adoptadas no labor de goberno.
5. As decisións na Xunta de Goberno levaranse a cabo por consenso dos integrantes da mesma. Na ausencia deste, os asuntos en cuestión postergaranse na súa tramitación.
6. Toda relación de pagos será supervisada e consensuada polos dous grupos antes de efectuarse.
7. O Goberno Municipal resultante deste acordo comprométese a iniciar ou desenvolver nos cen primeiros días aquelas mocións que xa foron aprobadas por unanimidade dos dous grupos no período que remata e que nunca chegaron a desenvolverse.
8. A persoa que ostente a alcaldía exercerá como portavoz público dos acordos municipais acadados, sen prexuízo da posibilidade de cada concelleiro e concelleira de anunciar as iniciativas tomadas nas súas respectivas áreas, e dos portavoces para fixar publicamente o posicionamento de cada grupo municipal sobre os asuntos a debate.
9. O Programa de Goberno que se levará a cabo xorde da confluencia dos programas respectivos das dúas organizacións asinantes do acordo. Dentro del, considéranse accións prioritarias a desenvolver as seguintes:
- Reforzar os Consellos Municipais Sectoriais e impulsar os Consellos Parroquiais. - Potenciar a web municipal. - Impulsar, de xeito paulatino, o modelo de orzamentos participativos. - Xestionar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). - Promover o desenvolvemento da unidade de actuación de Sixalde, pondo a disposición da Xunta de Galiza os terreos para a construción do Centro de Saúde. - Desenvolver o PXOM naqueles ámbitos de maior interese público. - Incrementar a oferta formativa do Padroado Beiramar diversificándoa e aproximándoa aos novos nichos de emprego, e promovendo o seu labor como Axencia de Colocación. - Avanzar na promoción de áreas comerciais abertas, dinamizando o comercio local e de proximidade. - Defender un turismo sustentable como fonte de riqueza e emprego no noso concello. - Constituír o Consello Municipal da Muller. - Constituír a Mesa da Terceira Idade. - Potenciar actividades dirixidas aos enfermos de Alzheimer e as súas familias en colaboración con AFAMO. - Desenvolver un programa de eliminación de barreiras arquitectónicas existentes nos espazos públicos para facilitar a mobilidade e accesibilidade de todas as persoas. - Crear o Consello Municipal da Cultura. - Impulsar a creación dunha rede museística municipal e un plano estratéxico de mantemento, recuperación e inventariado do noso patrimonio. - Xestionar a dotación de terreos para a construción do Auditorio Municipal. - Continuar coa recuperación do litoral e mellora dos areais que leve á recuperación das bandeiras azuis. - Por en valor e manter axeitadamente as concas fluviais (Rialdarca, Freixa, Miñouba), e promover especialmente os roteiros do Río da Fraga e Poza da Moura. - Xestionar diante do ministerio de Medio Ambiente a continuación das obras de rexeneración do litoral entre A Xunqueira e o río da Ponte, e redactar un proxecto de prolongación desas obras ata O Cocho. - Crear a fundación Deportiva Municipal “Moaña Deporte”. - Nomear un Coordinador Deportivo Municipal que xestione axeitadamente a actividade deportiva do concello. - Recuperar o Beque como centro multideportivo e de lecer. - Convocar o Consello Escolar Municipal como órgano encargado de establecer as prioridades en materia educativa. - Dar continuidade á colaboración coa Federación de ANPAS “Arco da Vella” de cara á implantación do Plan Madruga en todos os centros. - Xestionar a apertura dos comedores escolares en períodos non lectivos. - Demandar da Consellaría de Sanidade a ampliación da carteira de servizos: xinecoloxía, fisioterapia, pediatría, ecógrafo... - Reclamar a construción do Centro de Alta Resolución Comarcal. - Constituír o Consello Municipal da Xuventude. - Potenciar a Casa da Mocidade como centro de reunión, de encontro e de actividades de mozos e mozas. - Habilitar un local de ensaios para os grupos locais. - Aplicar a ordenanza de Terrazas. - Rematar as obras de subministro municipal de augas aos barrios da Xalde, Os Piñeiros, A Marrúa, A Paradela, Broullón e A Fraga. - Xestionar a mellora da seguridade viaria na PO-551 e na PO-313. O resto dos puntos programáticos, analizados e asumidos por ambas organizacións políticas, pasan a formar parte dun programa común do equipo de goberno que fixará as liñas de traballo do mesmo. No caso de existiren diferenzas no seu desenvolvemento ou de aparecen actuacións non contempladas nel, a acción de goberno será decidida de forma consensuada entre ambos grupos.
10. Constituirase unha Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto, formada de modo estable por tres representantes de cada unha das forzas políticas asinantes e á que poderá convocarse de forma puntual os concelleiros/as interesados para a toma de acordos. Esta Comisión de Seguimento reunirase cando así o solicite un dos grupos políticos asinantes.
11. Os membros do grupo de goberno pertencentes ás organizacións asinantes do acordo, asumen as responsabilidades recollidas a continuación:

ÁREAS MUNICIPAIS ASIGNADAS AO BNG 
ALCALDÍA
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 1. Proxectos de dinamización do uso do galego entre a veciñanza. 2. Asesoramento lingüístico da institución municipal. 3. Coordinación dos EDLG dos centros de ensino.
FACENDA 1. Dirección dos servizos económicos do Concello (Intervención, Tesourería e Recadación). 2. Xestión de compras, contratacións e pagos. 3. Xestión do orzamento municipal. ENSINO 1. Relacións coa comunidade educativa. 2. Programas e proxectos relativos ao ensino. 3. Atención á Escola Infantil.
DEPORTE 1. Programación deportiva. 2. Escolas deportivas municipais. 3. Proxectos de conservación e mellora de infraestruturas deportivas. 4. Relacións coas sociedades deportivas. 5. Xestión do Complexo Deportivo do Beque.
MOCIDADE 1. Xestión da Casa da Mocidade. 2. Promoción do asociacionismo e da información á mocidade. 3. Programación xuvenil.
TURISMO E PROMOCIÓN ECONÓMICA 1. Xestión da Praza de Abastos, mercado e venda ambulante. 2. Relación cos axentes comercias e promoción do comercio local. 3. Proxectos de desenvolvemento turístico do concello. 4. Apoio e promoción do tecido produtivo no concello. URBANISMO 1. Planeamento básico (Plan Xeral de Ordenación Municipal). 2. Planeamento de desenvolvemento das actuais Normas Subsidiarias e do PXOM. 3. Xestión de Licenzas. 4. Disciplina urbanística. 5. Promoción da vivenda protexida. 6. Obras, infraestruturas e dotacións que requiran a redacción de proxecto técnico e se executen mediante contratación.
MEDIO AMBIENTE 1. Proxectos e programas de ordenación e rexeneración do litoral. 2. Proxectos e programas de mellora e posta en valor do medio natural. 3. Proxectos e programas de humanización e rexeneración do ambiente urbano. 4. Limpeza e mantemento de praias, cauces fluviais e espazos naturais. 5. En caso de necesidade funcional, e para atender os requirimentos da área, contará co persoal de mantemento, mellora e ampliación de zonas verdes, xardíns e testeiras que depende organicamente da área de Obras e Servizos. 6. Prevención e loita contra incendios forestais, dentro das competencias municipais. 7. Recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos e residuos especiais de competencia municipal. 8. Hixiene e salubridade pública. 9. Proxectos e programas relativos aos sectores económicos vinculados ao mar.
SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E MULLER. 1. Programas de intervención social: prevención da exclusión, loita contra a pobreza, educación para a saúde e loita contra as adiccións, inmigración, etc. 2. Programas de dinamización social e cohesión comunitaria. 3. Atención ás persoas maiores. 4. Atención aos colectivos obxecto de discriminación social. 5. Programas de promoción da igualdade de xéneros. 6. Ludoteca municipal, servizos á infancia, etc.
PERSOAL 1. Contratacións de persoal. 2. Xestión e control de persoal. Réxime disciplinario. 3. Relacións laborais e relacións co Comité de Empresa e Xunta de Persoal.

ÁREAS MUNICIPAIS ASIGNADAS AO PsdeG-PSOE 
PATRIMONIO E CULTURA 1. Programación cultural. 2. Relacións cos colectivos e asociacións culturais. 3. Proxectos de dotacións socio-culturais. 4. Bibliotecas e actividades complementarias. 5. Escolas de música, gaita, teatro, etc. 6. Velar pola defensa e posta en valor do noso patrimonio. OBRAS E SERVIZOS 1. Obras que non requiran a redacción de proxecto técnico e poidan executarse polos medios propios do Concello. 2. Augas, saneamento e depuración. 3. Conservación e mellora da rede viaria municipal. 4. Mantemento e ampliación do alumeado público. 5. Mantemento, mellora e ampliación de zonas verdes e parques públicos. 6. Limpeza viaria e de espazos públicos. 7. Mantemento, mellora e ampliación de parques infantís. 8. Mantemento de colexios e instalacións municipais. 9. Cemiterios.
PARTICIPACIÓN, TRANSPARENCIA E ATENCIÓN VECIÑAL 1. Impulso dos Consellos Parroquiais, con representación en todos eles. 2. Aplicación do Regulamento de Participación Veciñal. 3. Seguimento de todos os escritos presentados por rexistro no concello. 4. Actualización da páxina web. 5. Relación cos colectivos veciñais. 6. Actualización e supervión do rexistro de asociacións do concello.
MOBILIDADE 1. Ordenación do tráfico rodado. 2. Transporte público. 3. Seguridade cidadá. PADROADO BEIRAMAR 1. Programas de formación ocupacional. 2. Promoción do emprego. 3. Promoción empresarial.

12. A composición dos órganos de goberno derivados da acción municipal e a representación deste noutros organismos, queda do seguinte xeito:

12.1. COMISIÓNS INFORMATIVAS E PADROADO BEIRAMAR: 1.-Comisión de Urbanismo, Medio Ambiente, Promoción Económica e Turismo. Representantes: PP: 3; BNG:3; PsdeG-PSOE: 2; XM: 1 Presidencia: BNG. 2.-Comisión de Obras e Servizos, Mobilidade, Patrimonio e Cultura: Representantes: PP: 3; BNG: 3; PsdeG-PSOE: 2; XM: 1; Presidencia: PSdeG-PSOE. 3.-Comisión de Facenda, Persoal, Ensino a Participación: Representantes: PP: 3; BNG: 3; PsdeG-PSOE: 2; XM: 1 Presidencia: BNG 4.-Comisión de Mocidade, Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Muller: Representantes: PP: 3; BNG: 3; PsdeG-PSOE: 2; XM: 1 Presidencia: BNG. 5.-Padroado Municipal Beiramar: Presidencia: PSdeG-PSOE 1 representante por cada un dos grupos municipais.

12.2. COMISIÓN DE GOBERNO. Composición: Alcaldesa. 3 representantes do BNG. 2 representantes do PsdeG-PSOE.

12.3.-TENENCIAS DE ALCALDÍA: 1ª Tenencia de Alcaldía: PSdeG-PSOE

12.4.-REPRESENTANTES NA XUNTA DE GOBERNO DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO: 2 representantes do BNG. 1 representante do PSdeG-PSOE. O presente acordo foi aprobado pola Asemblea do PsdeG-PSOE de Moaña o día 11 de xuño de 2015 e pola Asemblea Aberta do BNG de Moaña o día 12 de xuño de 2015.


ASINAN: Aldán Santamarina Corral Leticia Santos Paz Responsable local do BNG de Moaña Candidata do BNG-Asembleas Abertas ; José Manuel Ogando Padín Marta Freire Riobó Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Moaña Candidata do PSdeG-PSOE M