Benja, del Pontevedra, ingresa en el Alondras

ALONDRAS PESCA EN PONTEVEDRA
Benja convértese na cuarta fichaxe do Alondras CF
O Alondras continúa a confeccionar a súa plantilla para a vindeira tempada. Nesta ocasión tocou reforzar a dianteira coa chegada de Benjamín Gómez, Benja.
Benja é un dianteiro con moita habilidade. Conta cunha gran capacidade para asociarse e tratase dun claro dominador do xogo combinativo. Na campaña pasada xogou a súa segunda tempada consecutiva no Pontevedra con quen acadou o ascenso a 2ªB, tras disputar 16 encontros de liga regular.
Súa primeira experiencia en categoría senior foi co Celta B na 2ªB no curso 2010/2011. Despois estivo cedido un ano no Rápido de Bouzas para regresar, na seguinte campaña, a xogar en terceira co Celta B.
Benja é un xogador do gusto do novo  adetrador do Alondras, Jacobo Montes e chega a Cangas para intentar aportar máis gol á dianteira alondrista de cara a unha ilusionante vindeira campaña.