CANCELADO O SALÓN DO CÓMIC EN CANGAS : o evento celebrarase parcialmente nas Festas do Cristo.

O Concello de Cangas informa que "A Corporación Municipal e o Departamento de Intervención do Concello de Cangas víronse obrigados a cancelar a 17ª Edición do Salón do Cómic e Ilustración por problemas de presuposto. O evento, que estaba previsto para este mes de xullo, quedará integrado parcialmente nas Festas do Cristo durante o mes de agosto. A xornada exhibirá publicacións de autoedición e banda deseñada. Tamén contará cun mercadiño onde exporán tanto artistas locais coma convidados de diversos lugares do país. Haberá asemade actividades relacionadas co mundo do cómic e rematará a xornada cunha noite de concertos".