9/7/15

Carta abierta de los profesionales de ENCE a quienes manipulan su realidad diaria

SOBRE LA CONTINUIDAD DE LA FACTORÍA DE ENCE -Energía & Celulosa-  en su actual ubicación de Lourizán, mucho se ha hablado y escrito. Y se ha aprovechado por algunos radicales para hacer política de un modo descarado, manipulándose datos y situaciones en más de una ocasión, como es ya sabido por no pocos sectores de la población. Probablemente en esta falta de rigor que caracteriza a algunos opositores y agitadores permanentes anti-Ence se encuentre la respuesta a la pregunta de cómo y por qué las actuales manifestaciones anti-Ence, a pesar de ser convocadas a bombo y platillo, están obteniendo cada vez menor respuesta en número de manifestantes -muy exíguo, por cierto- ... 
El paso del tiempo ha ido desmitificando muchas cuestiones. Hoy, en Marín, en Pontevedra, en Poio... en la ría pontevedresa, toda la gente sabe que Ence ya no huele como olía antaño -por algo será-. A fuerza de repetirlo una y mil veces, la empresa presume diariamente de controles exhaustivos y rigurosos que avalan su ambiciosa política mediambiental en la que lleva invertidos no pocos millones. Y proclama su voluntad de seguir adelante por caminos de mejora y perfección más si cabe... ofreciendo garantías reiteradas de que la moderna realidad de la empresa, realidad asociada al medioambiente, nada tiene que ver -y mucho menos en el futuro que viene- con un pasado, en donde -habría que comenzar por ahí- ni siquiera los empresarios de ENCE eran los mismos de hoy en día...

Sin embargo, los hombres y mujeres que trabajan en ENCE, cuyos puestos de trabajo parecen no importarles a los del fora!
permanentemente proferido, llevan tiempo cansándose de oír, de leer, afirmaciones que les escandalizan... no solo porque atentan contra su derecho al trabajo, contra el pan de sus hijos, sino porque -encima- semejantes asertos son proclaman desde el mayor descaro, desde la ignorancia supina y, ¡quien sabe, si también desde la manipulación a conciencia de la realidad pura y dura!.

---------------------------------------------------------------------------------

Diversos medios de comunicación publicaban semanas atrás una carta abierta de quienes trabajan en ENCE, dirigida a un grupo de permanente agitación anti-ENCE, denominado APDR. Merece la pena que reproduzcamos el contenido del escrito al que hemos tenido acceso a través de lo leído en una de las publicaciones impresas en donde inicialmente fue divulgado.

Carta aberta

Señoras e señores da APDR:

Ence non utiliza mercurio no seu proceso. Cero mercurio. 
E hai xa case 20 anos que non empregamos cloro.
Cero cloro. Por que minten tanto? A mentira contamina.
Como ben saben, a calidade do aire en Pontevedra cumpre durante todos os días do ano (100%) cos parámetros establecidos pola Organización Mundial da Saúde.
Viven vostedes instalados no pasado, pero as 800 persoas que dependen de Ence na bisbarra queren manter no seu futuro os traballos dignos do presente. O mesmo que as outras 4.200 persoas do resto de Galicia que traballan para Ence.
Ence Pontevedra está hoxe na vangarda da industria forestal europea - incluídos os países nórdicos - atendendo
ao seu proceso de depuración biolóxica de auga. Agradecémoslles nos faciliten información ao respecto se esta afirmación non fose certa (en breve comentarémoslles como ir alén no que ten que ver coa depuración das augas;
temos moito que contar).
Sabían que a única gran instalación industrial en Galicia que pode abastecer a súa demanda enerxética, empregando unicamente a enerxía renovable que produce, está en Lourizán? Si. Pero nunca o contan.

Ence Pontevedra recibe cada día 260 camións cargados de madeira galega. Antes de que cada un destes camións
entre na fábrica, ata 7 persoas por camión (1.820 en total) traballaron nos labores de silvicultura, colleita ou transporte de madeira.
Teñen vostedes ocorrencias coma esa de que, se a fábrica pecha, a madeira galega habíase vender en América
Latina. Que afirmación máis pavera!. Deberían saber, alomenos, que a madeira de América Latina é moito máis barata cá galega. E se vostedes saben como vender madeira galega nesta parte do mundo, máis de 120.000 produtores de madeira en Galicia estaríanlles moi agradecidos de que lles conten como é que se fai.

Como vostedes saben - malia a súa teima en mentir tamén a este respecto - , a de Ence non é só unha cuestión de 200
empregados. Ence Pontevedra ten 330 empregados directos. Preto dun cento de persoas máis, pertencentes a outras empresas colaboradoras, traballan todos os días na fábrica. Sumamos un total de 800 postos de traballo na bisbarra, incluíndo aqueles xerados por unha rede de empresas subsidiarias en sectores como a metalurxia, que dependen en gran medida de Ence. Por que lles gusta tan pouco que haxa emprego industrial na cidade? Que teñen en contra da clase traballadora?
Xeramos 5.000 empregos en Galicia, o 30% do emprego no sector forestal, e preto do 1% do PIB da rexión autónoma.
Dámoslles oportunidades aos mozos e mozas: mentres vostedes len esta carta, 23 profesionais que acaban de saír
das universidades galegas traballan e aprenden da mans de profesionais de Ence Pontevedra. Estarán con nós durante
un ano. Algúns deles fixeron os seus estudos de posgrao co apoio financeiro das Bolsas de Ence para Estudos de
Máster.

Señores da APDR, verdade que lles resulta cada vez máis estrano notar olor asociado á produción de celulosa? Saiban que non nos conformamos. Para nós, un só segundo de cheiro é unha eternidade. Seguiremos a traballar para eliminalo por completo. Vostedes saben que temos investido máis de 4 millóns desde 2010 para acadar este obxectivo. Cero olor. Imos acadalo.

Ah! Ence non se presentou ás eleccións. Foron vostedes quenes estaban na lista do poder local, no número 23.
Agradecémoslles que, se queren facer política, non a fagan cos empregos da principal empresa de transformación de madeira en Galicia. E tamén lles agradecemos que non mintan. As mentiras son altamente contaminantes.

Asinado,
O equipo de profesionais que quere converter 
a fábrica Lourizán nun centro de referencia da bioeconomía 
en Europa para beneficio de Pontevedra e Galicia enteira.