Cerrado ya el proyecto del nuevo edificio judicial para Pontevedra

A XUNTA PECHA O PROXECTO DO EDIFICIO XUDICIAL DE PONTEVEDRA RECABANDO O CONSENSO DOS REPRESENTANTES DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DA CIDADE

  O orzamento total para esta obra alcanza os 20 millóns de euros e o novo edificio  albergará máis de 20 xulgados 

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín mantivo hoxe unha reunión cos representantes  da Administración de Xustiza da cidade para pechar o proxecto do novo edificio xudicial, despois de recadar o consenso dos representantes e recoller as  súas aportacións e opinións sobre a obra tan importante para a cidade do Lérez

Juan José Martín presentou o proxecto aos que serán serán os principais usuarios do edificio para que en canto se formalice definitivamente a cesión proceder a licitar a obra desta infraestrutura tan demandada.

O edificio, que terá capacidade para albergar máis de 20 xulgados, servirá tamén para agrupar a todos os órganos xudiciais que actualmente se atopan dispersos na cidade, estará conectado cos actuais xulgados e poderá ser ampliado nun futuro se fora necesario.

O Goberno galego ten en orzamentos preto de 1,8 millóns de euros este ano para poder levar a cabo a licitación da obra. Uns orzamentos que se complementarán ata chegar nos vindeiros anos aos 20 millóns de euros que require o edificio moderno e funcional que necesita a cidade de Pontevedra.


Na reunión de hoxe, estiveron representantes da Administración da Xustiza de Pontevedra, concretamente dos xuíces, dos avogados, dos procuradores, dos secretarios xudiciais e dos funcionarios, entre outros colectivos.