30/7/15

Concello de Bueu ya dispone del astillero de Purro y prepara visitas guiadas

O CONCELLO DE BUEU COMEZA A DISPONER DA CONCESIÓN DO ESTALEIRO DA BANDA DO RÍO E PREPARA VISITAS GUIADAS

Unha unión entre o patrimonio do Museo Massó e o estaleiro da Banda do Río. Sobre esta idea están debatendo estes días no goberno local buenense debido a que foi nesta semana cando o Concello se fixo o concesionario oficial deste estaleiro que agarda ser rehabilitado proximamente.

Mentres tanto, e como avance, de cara á Festa do Polbo prepáranse unha serie de visitas guiadas por unha parte do estaleiro. De feito, na mañá de hoxe membros do goberno local acompañados do arquitecto municipal desprazáronse ata as instalacións para valorar o risco de desplome da mesma. O que se decidiu é que se vai abrir unha parte para a visión do mar, coa idea desa vinculación da antiga carpintaría e a praia, ademais dunha limpeza do lixo e a separación das pezas de interese turístico para mostrar aos visitantes. O obxectivo é comezar a poñer en valor este ben patrimonial e que xa non se vexa como algo marxinal senón como pertencente á vida da vila buenense, como avanzaron Carlos Eirea, concelleiro de cultura e Félix Juncal, quen resaltaron tamén que con este acto “comezarase a oficializar o uso deste ben”.

Este estaleiro é un dos proxectos máis ambiciosos e interesantes da presente lexislatura do goberno de Juncal, para o que buscarán financiamento para comezar canto antes as obras de rehabilitación completas.