29/7/15

Continúa el movimiento asambleario en Cangas protagonizado por Asemblea pola Unidade

Este xoves 30 de xullo ás 20:30 h, no novo local situado no número 28 da rúa Antonio Garelli de Cangas, os que o desexen teñen unha nova cita coa Asemblea pola Unidade. "Co motivo da realización do Pleno deste mes (venres 31 de xullo ás 20:30 h), hai unha nova Asemblea Veciñal! Como xa sabedes, a Asemblea é aberta á toda a veciñanza, precisamos da túa participación para sumar forzas e que o pobo teña peso real e poder de decisión no Concello. Ven, participa e decide!", refere o pasquín da convocatoria

Nela trataranse os seguintes temas, detallados segundo as diferentes áreas e cuxas decisións se trasladarán ó mencionado Pleno :
- Facenda: modificación de crédito e recuperación da recadación do IBI 
- Cultura: modificación das taxas do conservatorio
- Medioambiente: modificación da ordenanza para a creación dunha praia para os cans
- Urbanismo: debaterase sobre a concesión de terreos de Massó e sobre a recuperación dos terreos dos xardíns do Sinal-Ojea
- Haberá dúas mocións: unha por parte do PP sobre o problema de correos en Aldán e O Hío; e outra conxunta de ACE, BNG e Asemblea pola Unidade para a construción do Centro de Saúde do Hío e en referencia ó novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
- Explicaranse os avances no tema da Piscina e mais os avances respecto ó ciclo integral da auga
- Informarase sobre a situación das Festas do Cristo
- Cuestións para debater sobre o novo local da Asemblea pola Unidade
- Outras cuestións


Cómpre sinalar que a Coordinadora da Asemblea pola Unidade explicará en que consiste cada punto, expoñendo o seu parecer e respondendo ás dúbidas e cuestións que xurdan entre os asistentes. Hai moitos puntos para debater, polo que a Coordinadora tratará de axilizar para chegar a un consenso cos asistentes.