DÚAS ESPECIES AUTÓCTONAS GALEGAS SÚMANSE AO CATÁLOGO ESPAÑOL DE EXEMPLARES AMENAZADOS

A directora xeral de Conservación da Natureza participou na Comisión Estatal de patrimonio Natural e da Biodiversidade 

DÚAS ESPECIES AUTÓCTONAS GALEGAS SÚMANSE AO CATÁLOGO ESPAÑOL DE EXEMPLARES AMENAZADOS E AO LISTADO DE ESPECIES SILVESTRES EN RÉXIME DE PROTECCIÓN ESPECIAL
  • A Xunta de Galicia promoveu a proposta de inclusión da Eryngium viviparum (herbácea perennifolia), que pasou a formar parte da categoría vulnerable, e a Margaritifera margaritifera (ostra perlífera), en perigo de extinción
  • Os participantes na reunión recoñeceron que as especies exóticas invasoras son un dos principais problemas que amenzan actualmente a biodiversidade
  • Tamén se fixaron criterios oara a captura e marcaxe dos exemplares, como medida eficaz para o estudo dos distintos aspectos da ecoloxía das especies de fauna silvestre 
  • Informouse favorablemente o borrador da Orden Ministerial pola que se aproba o Sistema de recoñecemento da sostibilidade do Turismo de Natureza na Rede Natura 2000, polo que se inicia a súa tramitación

A directora xeral de Conservación da natureza, Verónica Tellado, asistiu á Comisión Estatal de Patrimonio Natural e da Biodiversidade celebrada en Madrid. Unha comisión que ten por obxectivo tomar decisións en canto a protección, restauración e mellora dos recursos naturais. 

Entre os asuntos abordados destaca a incorporación de sete novas especies ao Catálogo Español de Exemplares amenazados e ao Listado de especies silvestres en réxime de protección especial. Dúas das que se engadiron foron propostas pola Xunta de Galicia. Estas dúas son a Eryngium viviparum (herbácea perennifolia), que pasou a formar parte da categoría vulnerable, e a Margaritifera margaritifera (ostra perlífera), en perigo de extinción. 

As outras especies incluídas son a Cymodocea nodosa (Población de Canarias) en categoría Vulnerable; a Centaurium somedanum en la categoría Vulnerable (antes en el Listado); a Nuphar pumila subsp. pumila en categoría En peligro de extinción; Ulmus laevis en el Listado; e a Unio mancus na categoría Vulnerable. 

Os presentes na reunión recoñeceron que as especies exóticas invasoras son un dos principais problemas que amenzan actualmente a biodiversidade. Nese sentido, propúxose a inclusión no Catálogo Español de Especies Exóticas tres novas especies, que dende un punto de vista científico podrían ser máis susceptibles de converterse en invasoras en España, como son o Caiman crocodilus, o Pseudemys peninsularis (tartagura da península) e o Python regius (pitón real). Tamén se acordou incluir o cerdo vietnamita no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, debido debido a súa proliferación.

Marcaxe de exemplares
A captura e marcaxe con distintos dispositivos é unha das técnicas máis eficaces para o estudo dos distintos aspectos da ecoloxía das especies de fauna silvestre. Trátase de actividades de gran interese para obter coñecementos, que resultan de gran utilidade para plantexar actuacións de conservación. 

Entre os obxectivos preténdese optimizar as técnicas usadas para aumentar a eficacia dos estudos, seguimento e programas de control formulados, asegurar que as técnicas utilizadas na captura e na marcaxe sexan inocuas para o benestar, a supervivencia e o desenrolo dos animais, o manifesto de recomendacións para a captura en vivo e armonizar as técnicas de marcaxe para as diferentes administracións competentes.   

Outro dos puntos que se tratou foi o establecemento de boas prácticas para a observación de tres mamíferos carnívoros a través dun manual que lle traslade aos particulares e as empresas condutas e recomendacións para que se acerquen correctamente á natureza, respectando en todo a caso o medioambiente, fomentando a sensibilidade con el. 

O manual achegará información sobre o oso pardo, o lobo e o lince ibérico. Estas tres especies están consideradas como ameazadas e de interés comunitario. O oso e o lince forman parte do Catálogo Español de Especies Ameazadas mentres que o lobo aparece no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. 

Turismo de natureza na Rede Natura 2000
Na reunión tamén se informou favorablemente o borrador da Orden Ministerial pola que se aproba o Sistema de recoñecemento da sostibilidade do Turismo de Natureza na Rede Natura 2000, polo que se decidiu iniciar a súa tramitación.

Tal e como se recolle no Plan Sectorial de Turismo de Natureza e Biodiversidade é necesario incidir na integración da biodiversidade na actividade turística para garantir a utilización ordenada e sostible dos recursos. 

Este sistema de recoñecemento e acreditación pode contribuír á creación dun produto de turismo de natureza baseado nos valores da Rede Natura 2000, de xeito que poida utilizarse a súa imaxe como atractivo. Este sistema de recoñecemento parte da premisa fundamental de que a finalidade dos espazos da Rede Natura 2000 é a conservación dos hábitats e especies de interese comunitario, tendo en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidade rexionais e locais.