Importantes movimientos organizativos de avecinan en el PP gallego dispuesto -además- a rebajar el impuesto de sucesiones

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, anuncia algunhas das medidas que formarán parte da Ponencia Política que os populares presentarán a vindeira semana

Tellado: “A recuperación económica permite contemplar a revisión do imposto de sucesións e doazóns”
  • Afirma que cun contexto caracterizado por unha situación de crecemento da economía, a modificación deste imposto pode ser posible e converterse nunha realidade o próximo ano 2016
  • A eliminación do aforamento parlamentario e a introdución dunha cláusula que aboga por extender aos ámbitos provinciais e autonómico o método de elección directa dos presidentes por parte dos militantes serán outros dos puntos que recollerá o texto
Tellado, Miguel
O portavoz dos populares galegos, Miguel Tellado, afirmou que a recuperación económica permite contemplar a revisión do imposto de sucesións e doazóns, unha medida que, segundo recordou,  xa se plantexou no ano 2009 pero que, debido ao contexto económico, non foi posible levar a cabo polo risco que suporía para a prestación dos servizos públicos e polo que o goberno popular decidiu aplazar para cando dese inicio a recuperación.
Segundo Tellado, agora, cun contexto caracterizado por unha situación de crecemento da economía, a baixada deste imposto si pode ser posible e converterse nunha realidade o próximo ano 2016. 
Deste xeito, o voceiro anunciou que este será un dos temas que tratarán na Ponencia Política que os populares presentarán a vindeira semana, "un marco ideal para recollelo, e estará incluido no bloque de política económica, un dos tres perfilados na mencionada ponencia, xunto aos de participación e política social", añadiu o voceiro popular.
De todos os xeitos, Tellado apuntou que aínda falta por decidir o alcance da revisión fiscal, dado que iso decidirao o Consello da Xunta, ademais de que primero é preciso coñecer o teito de gasto y o volume de fondos que o Estado transferirá a Galicia en base ao sistema de financiamento autonómico.
Ademais, Tellado salientou que esta modificación non é unha decisisón tomada a porta cerrada senón  que responde ás propostas de colectivos, organizacións e galegos particulares que fixeron chegar as súas suxestións ao partido por correo electrónico e redes sociais, canles que que se viron reforzadas para a elaboración da Ponencia Política do partido.
Con esta decisión, os populares intentan poñer fin a unha práctica que foi en aumento coa crise, a dun número de galegos que renuncian á súa herdanza pola súa incapacidade para pagar os impostos asociados. 

ELIMINACIÓN DO AFORAMENTO PARLAMENTARIO
Miguel Tellado confirmou tamén que o documento redactado para a Ponencia plantexará a eliminación do aforamento para os 75 cargos con escano no Parlamento de Galicia. Non obstante, o voceiro recordou que a supresión dos privilexios xudiciais dos deputados require reformar o artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia, unha operación que só sairá adiante se a avalan, polo menos, 50 dos políticos con asento no hemiciclo galego. 
Ademais, a Ponencia, cuxo equipo redactor estivo coordinado polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, tratará noutra das súas partes a implantación dun sistema interno de dación de contas dos cargos públicos. 
Miguel Tellado explicou que, con carácter anual, os alcaldes, concelleiros, senadores, congresistas e deputados provinciais e autonómicos terán que facer balance da súa xestión ante os seus respectivos comités locais e que os informes das sesiones faranse públicos para coñecemento da militancia.
A maiores, o texto creado para a renovación do Partido Popular de Galicia preverá tamén a creación dun equipo de auditores internos que se encargarán de examinar aos candidatos a ocupar cargos públicos, de modo que poidan comprobar a idoneidade destes para o posto en cuestión como corroborar a súa su honradez, «avaliando que o candidato cumpre as obrigas do código ético e de boas prácticas do PP», afimou Tellado. 

ELECCIÓN DIRECTA DOS PRESIDENTES
Outro dos puntos plantexados na ponencia será a introdución dunha cláusula que aboga por extender aos ámbitos provinciais e autonómico o método polo que xa son designados os líderes locais do partido. "Suxerimos que a conveniencia dos presidentes do PP galego, do coruñés, do lucense, do ourensán e do pontevedrés se escollan polo sistema de elección directa por parte dos militantes" apuntou Miguel Tellado. 
Ademais, "a ponencia tamén prescribirá que os candidatos a alcalde sexan sempre os presidentes locais" afirmou Tellado.
O portavoz dos populares galegos tamén comunicopu que o partido quere establecer novas canles de comunicación  e participación coa cidadanía en xeral e coa súa militancia en particular, "unha das razóns de ser da Ponencia", recordou Miguel Tellado.

Deste xeito, o voceiro asegurou que os afiliados verán reforzada a súa relevancia no día a día e nas decisóns tomadas polo partido.