30/7/15

IMPUTAN AO PRESUNTO AUTOR DUN INCENDIO FORESTAL NO CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

A POLICÍA AUTONÓMICA IMPUTA AO PRESUNTO AUTOR DUN INCENDIO FORESTAL NO CONCELLO OURENSÁN DE NOGUEIRA DE RAMUÍN
  • A Policía Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 42 persoas no que vai de ano, coma presuntas autoras de incendios forestais
Axentes da Policia Autonómica da Xefatura de Ourense veñen de informar da imputación dun veciño de Cea, coma presunto autor dun incendio forestal. 

O incendio  produciuse  no lugar de Viñoas-Nogueira de Ramuín, ocasionado por unha máquina desbrozadora,  entre as 18.30 e as 22.00 horas,  o pasado 21 de xullo e foron afectados 8.000 metros cadrados de arborado. Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de  Instrución de Garda de Ourense.

A Policía Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 42 persoas no que vai de ano, coma presuntas autoras de incendios forestais.