Louzán -al menos inicialmente- seguirá siendo diputado provincial

Os representantes do PP na Deputación Provincial polo partido xudicial de Cambados serán Rafael Louzán Abal, número 2 da candidatura popular de Ribadumia e presidente provincial do PP; e Luis Arangunde presidente e voceiro do PP de Cambados. Polo partido xudicial de Tui será Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos. 
Así o decidiron, en cadansúa reunión, celebradas nestas pasadas semanas, os representantes locais dos 8 concellos que conforman o partido xudicial de Tui e os 9 do partido xudicial de Cambados. 
Tras coñecer as propostas dos distintos representantes locais, acordouse propoñer a Nidia Árevalo para a acta de deputado provincial que lle corresponde ao PP neste partido xudicial. A nova deputada substitúe a Alejandro Rodríguez, presidente do PP de Oia e a Moisés Rodríguez Pérez, exalcalde de Tui.
Completan a lista de suplentes por este partido xudicial: Santiago Rodríguez Davila, presidente e voceiro do PP de Salceda de Caselas, Conchi Ortega, voceira do PP da Guarda e Cristina Correa Pombal, número dous do PP de Oia.
No caso de Cambados, a xuntanza celebrouse na sede local de Ribadumia, onde os asistentes acordaron propoñer a Luis Aragunde, de Cambados e ao actual presidente da Deputación en funcións e líder cos populares na provincia, Rafael Louzán Abal, como deputados.
Neste caso, Rafael Louzán repite como deputado, mentres que luis Aragunde substituirá a José Luis Pérez Estévez, alcalde de Meis. 
Como suplentes estarán: Salomé Peña, voceira do PP de Ribadumia, María Deza Martínez, número cinco do PP de Sanxenxo, e Javier Tourís Romero, número dous do PP de Vilanova de Arousa.
Os futuros deputados de ambos partidos xudiciais  foron ratificados esta mañá en cadansúa xunta electoral de zona polos representantes dos concellos. 

Só quedan por designar aos deputados polo partido xudicial de Pontevedra e Lalín.