29/7/15

Nueva Lei do Solo de Galicia es presentada ya al Consello Económico y Social

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas explicou hoxe aos membros do organismo o contido do anteproxecto

A XUNTA PRESENTA A NOVA LEI DO SOLO ANTE O CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL COMO UNHA APOSTA DECIDIDA POR UN URBANISMO RESPONSABLE E TRANSPARENTE
  • Avanza a creación da Plataforma Urbanística de Galicia para fomentar a participación cidadá e o Rexistro de Planeamento Urbanístico para incrementar a seguridade xurídica
  • Defende que a nova Lei do Solo aposta pola dinamización do rural e por crear instrumentos de planificación adaptados ás necesidades de cada concello
  • O anteproxecto foi aprobado o 15 de xullo polo Consello da Xunta para ser remitido ao Consello Económico e Social como paso previo ao inicio do trámite parlamentario
A Xunta de Galicia presentou hoxe a nova Lei do Solo ante o Consello Económico e Social como unha aposta decidida por un urbanismo responsable e transparente. Así o puxo de manifesto a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, durante a explicación da norma que esta mañá realizou ante os membros do organismo sobre o contido do texto normativo.

Na súa exposición, Rivas destacou que se promove a participación cidadá coa creación da Plataforma Urbanística de Galicia, así como o Rexistro de Planeamento Urbanístico, para dar maior seguridade xurídica, a entrada en vigor do planeamento condicionarase á súa inscrición no mesmo.

Encarnación Rivas tamén salientou outro dos retos que persegue a nova Lei do solo: un urbanismo que propicie o desenvolvemento e contribúa a dinamizar o rural galego; que faga a todos partícipes da posta en valor e na protección efectiva da paisaxe; e garanta instrumentos de planificación adaptados ás necesidades dos concellos.

Tal e como se recolle no texto, permitiranse vivendas vinculadas ás explotacións agropecuarias, pero será inflexible co espallamento de edificacións e implantación de industrias alleas aos valores do rústico; mentres que se potenciarán os usos artesanais nos núcleos rurais.

Para potenciar a actividade económica, indicou que se suprimen os estándares fixos das cesións de solo industrial, por se máis propias do solo residencial; e tamén se xeran as condicións para a creación de actividade no solo empresarial, co fin de poñer no mercado solo asequible para os emprendedores.


O anteproxecto da Lei do Solo foi aprobado o 15 de xullo polo Consello da Xunta para ser remitido ao Consello Económico e Social como paso previo ao inicio do trámite parlamentario. Este documento, que naceu do diálogo, busca o máximo consenso e ten vocación de permanencia, incorporando oito de cada dez alegacións que se fixeron ao documento inicial. Trátase do resultado da participación pública, de meses de  consultas e de conversas con 75 axentes a través dunha trintena de encontros sectoriais.