30/7/15

Nueva serie de ayudas a deportistas gallegos

Esta segunda fase está dotada con 220.000 euros.

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, A TRAVÉS DA FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO, CONCEDE AXUDAS POR UN IMPORTE DE 220.000 EUROS A 155 DEPORTISTAS GALEGOS DE 27 MODALIDADES DEPORTIVAS
  • A actuación enmárcase no habitual Plan de axudas á preparación de deportistas DGAN e ten en conta que o 2015 é ano previo aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016
  • A primeira das fases resolveuse a finais de decembro de 2014 por un importe de 140.000 euros
  • Entre as dúas fases, investíronse nos/as deportistas galegos/as de alto nivel 360.000 euros
A Fundación Deporte Galego acaba de resolver a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, baixo a denominación de Axudas Destino Río – Axudas DGAN.

Esta convocatoria enmárcase no habitual Plan de axudas á preparación de deportistas galegos/as de alto nivel, e á vez ten en conta que 2014 e 2015 son anos previos aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016. Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas e beneficiosas para os/as deportistas destinatarios/as, este ano estableceuse unha convocatoria en dúas fases, sendo a primeira a que se resolveu no pasado decembro e a segunda esta que se resolve agora.


Das 155 axudas concedidas, 35 correspóndese a axudas Destino Río 2016, dotadas cada unha delas con 3.000 euros.