O CONCELLO PUBLICA A LISTA DE ADMITIDOS NO ECOBUEU > COÑEZA A PROGRAMACIÓN AO COMPLETO

A última hora da mañá de onte foi publicada na páxina web do Concello de Bueu a resolución coa listaxe dos expositores excluídos e admitidos para participar no Ecobueu, o mercado ecolóxico de verán que vai ter lugar o próximo domingo. Así, os excluídos dispoñen ata mañá para emendar a causa que motivou a exclusión.  Por agora son trinta e sete os admitidos, aínda que se agarda que parte dos excluídos presenten a documentación que lles falta.

O Ecobueu celebra este domingo a súa sexta edición, cun programa no que haberá produtos ecolóxicos e artesanais, charlas e obradoiros e ata unha xornada temática sobre “Innovación e emprendemento en actividades tradicionais da terra e do mar”. Ademais, o sábado para ir quentando motores está previsto un show cooking da man de Cristina Millán, chef de Casa Quintela, e do alcalde Félix Juncal, ademais dun acompañamento con viño Tinta Femia. Este evento estará acompañado polo grupo Juyma Estévez & Valentín Caamaño Dúo, que substitúen ao grupo de jazz anteriormente previsto, o SPJ Trío. 

PROGRAMACION DE ECOBUEU