Pavimentos nuevos para los accesos a playa de Mourisca y Cividade, en Bueu

O CONCELLO DE BUEU ADXUDICA A PAVIMENTACIÓN DOS VIAIS DE ACCESO A MOURISCA E A CIVIDADE
A obra de pavimentación de dous viais municipais, o de acceso á praia de Mourisca e o que une os núcleos do Norte e da Cividade, foi adxudicada para a empresa Fontefría, que xa fixo varios traballos de arranxo de asfaltado na vila durante os últimos meses. O prezo de adxudicación é de 20.050 euros, IVE incluído.
O vial atópase actualmente cun asfaltado en mal estado debido ás intensas chuvias e ao mal tempo, polo que o Concello estableceu a necesidade de rehabilitalo, sobre todo para que as persoas con mobilidade reducida teñan a superficie máis plana. En canto ao vial do Norte, atópase nunhas circunstancias semellantes, que fan que as obras teñan a máxima prioridade.
O prazo de execución que se establece no proxecto elaborado por técnicos municipais é dun mes a partir da sinatura do contrato. Nestas obras, vaise realizar un movemento de terras, instalación de tuberías e pavimento de asfalto.

Por outra banda, as obras de acondicionamento do complexo deportivo e de ocio do Xistro foron adxudicadas a Castro Figueiró, a empresa que se encargou da pista multideporte das Lagoas, debido á renuncia da primeira empresa concesionaria.