26/7/15

Portos de Galicia recibe necesidades de Campelo y Raxó

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo unha reunión de traballo cos patróns maiores das confrarías de Pontevedra e Raxó. Este é un primeiro contacto dentro dos que periodicamente mantén o presidente do ente público cos responsables dos pósitos de Galicia. 

O presidente de Portos sinalou que “as reunións de traballo que mantemos periodicamente coas confrarías son fundamentais para coñecer de cerca os problemas que ten o sector e, en particular, os de cada pósito”. Por iso, dixo, “estamos a resolver, no que poidamos, cada unha da problemáticas que nos presentan nunha liña de traballo que pon de manifesto o compromiso da Administración pública cos usuarios dos portos de titularidade autonómica”

Nesta reunión foron tratados asuntos tan importantes para a confraría como os relacionados coa seguridade nos portos, as infraestruturas, o mantemento e conservación das instalacións portuarias. Tamén se tratou a dragaxe do peirao de Campelo no fondo da ría de Pontevedra, que se atopa neste momento pendente de solicitar os informes preceptivos. Finalmente o presidente de Portos de Galicia comprometeuse a visitar nos próximos meses os portos de Campelo e Raxó.