31/8/15

Caballero continúa ampliando el frente metropolitano y sigue sumando alcaldes que van vivas a sus intenciones

De ingresar en el área metropolitana de Vigo todos aquellos que lo están pidiendo, está claro que pronto quedará agujereada la Deputación de Pontevedra en varios de sus cometidos actuales. El proceso de desguace de la Deputación podría pasar -también- en un futuro próximo por el engorde del área metropolitana de Vigo, con más ayuntamientos de los ahora indicados en origen y con competencias que, en el caso de casi media provincia, no tendría sentido que desarrollase Deputación... Otra cosa será si la aventura sale finalmente cara, barata o mediopensionista. Pero esos son otros lópeces...

Os alcaldes de Vigo e Tui comparten o modelo que debe funcionar 
na área metropolitana

O alcalde de Vigo avogou o pasado xoves pola incorporación de Tui na área metropolitana de Vigo, tal e como lle solicitou o seu rexedor durante un encontro que mantiveron na Alcaldía. Caballero e Cabaleiro coincidiron nos parámetros que deben rexer o funcionamento do ente supramunicipal. 



Abel Caballero e Enrique Cabaleiro mantiveron un encontro no que constataron a súa coincidencia na forma coa que debe desenvolverse a área metropolitana, e a necesidade de aprobar unha modificación de lei actualmente en vigor. En declaracións aos medios, o alcalde de Vigo amosou o seu acordo a que Tui forme parte da área dada a conexión territorial xa que é unha das saídas naturais cara a Portugal, xunto con Tomiño. Tamén coincidiron que o peso de cada municipio no ente municipal ten virá determinado pola súa poboación, así como que debe ser Vigo o que lidere o proxecto.

O rexedor puxo de exemplo de bo funcionamento a lei de área metropolitana de Barcelona, presidida pola alcaldesa da Cidade Condal, Ada Colau, a pesar de estar en clara minoría dentro da área. Isto, dixo o rexedor, proporciona estabilidade na gobernanza, xa que o sistema garante o nomeamento do primeiro edil de Barcelona como líder da área.