Carnaval de verano en Bueu mueve a los cabezudos de LOBOCOXO

UNHA VINTENA DE CABEZUDOS DESFILARON NO ENTROIDO DE VERÁN DE BUEU GUIADOS POLO LOBOCOXO

Numerosos nenos e nenas coas súas familias participaron a pasada tarde no desfile infantil organizado polo espazo LoboCoxo de Bueu no marco do Entroido de Verán que percorreu a Banda do Río. Entre os piratas, as princesas, as bailarinas, os dinosaurios e outros disfraces que acudiron a esta celebración, destacaron unha vintena de cabezudos guiados polo personaxe do LoboCoxo, que foi repartindo obsequios entre os rapaces disfrazados.

Este colorido e animado pasarrúas foi a posta en escena dos cabezudos que se estiveron elaborando ao longo deste verán no obradoiro impartido polo artista Marc Taeger. A partir de materiais tan sinxelos como cartón, papel, cola e pintura, e inspirándose nos personaxes dos contos, os nenos e nenas foron creando divertidas figuras: dende unha xoaniña ata unha vaca, pasando por un simio, un can ou un oso.

Nunha próxima edición desta versión infantil do Entroido Infantil da Banda do Río, o espazo LoboCoxo aspira a organizar actividades complementarias que involucren tamén os adultos para que sexa unha celebración participada polas familias. LoboCoxo agradece especialmente a colaboración da panadería A Bicha e dos bares El Camerino e O Farol.