De 10 al 13 de septiembre, la "ruta das tapas" en Bueu

NA RUTA DAS TAPAS MARIÑEIRAS, OS VISITANTES PODERÁN DEGUSTAR DEZASEIS TAPAS DIFERENTES A UN CUSTE DE 1.80 EUROS
  • A Ruta das Tapas Mariñeiras xa está en marcha ao presentar os locais participantes os nomes das tapas elixidas e as fotografías das mesmas. Así, todos os buenenses e visitantes poderán catar dezaseis pinchos que teñen como elemento unitario os produtos do mar. Desde a organización resaltan que é positivo que se identifiquen as tapas cun produto para que a vila de Bueu sexa recoñecido por iso. 
Cos obxectivos cumpridos, esta Ruta terá lugar do 10 ao 13 de setembro, coincidindo cos días últimos do FICBUEU. Durante eses días, o restaurante Casa Quintela ofertará “mojito” de aguacate e marisco e quiche de verduritas e xoubas, o restaurante O Pazo sushiño de polbo con titilla e cesto crocante de pao santo con fideos negros e chipiróns, Chilau, cocotas de bacalau chilau e osobucco con salsa de ameixas. Pola súa banda, o Noite Tapas fará as galas con tapas tan misteriosas como o “Octopus revolution” ou o “Pecten X”, e o Rosalinda con polbo ó lume con maionesa de chile chiplote e o Aturuxo Bok  coa tosta de polbo. Por último, Café Bar Nuncia presentará  o arroz con polbo e salsa de curri e os fideos con bacallao e salsa o pinpin, a tapería D’Ons, os chipiróns D’Ons na súa tinta  e o revolto de algas con caviar de ourizo e O Farol, o polbo frito e os bocados de batea.
O horario de desgustación será de 12 a 15 horas e de 20 a 22 horas, aínda que os establecementos Casa Quintela, Chilau, Café Bar Nuncia e tapería D’Ons terán horario ampliado no que servirán tapas.

Os usuarios que así o desexen poderán ver as fotos das diferentes tapas nuns días, cando se vaian actualizando na páxina web www.tapeandoenbueu.com.