Deputación de Pontevedra anuncia un novo modelo de axudas en material deportivo básico para clubs da provincia

Deputación ha anunciado una nueva línea de ayudas para clubs 

deportivos de la provincia. Lo hizo a través de una nota 

con enlaces, que reproducimos a continuación :


A presidenta da Deputación de Pontevedra anuncia un novo modelo de axudas en material deportivo básico para clubs da provincia
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe que en setembro se porá en marcha unha nova convocatoria de axudas para equipar e dotar de material deportivo os clubs provinciais. Estas axudas, que anteriormente se outorgaban mediante a libre disposición de fondos, xorden como resposta ó novo modelo de xestión do goberno provincial que ten por obxectivo gobernar, como asegurou Carmela Silva esta mañá, "con todos e para todos".
Co orzamento restante na partida de asistencia ó deporte do vixente exercicio 2015, como asegurou Silva "pouco máis de 130.000 €", vaise facer unha distribución en función das demandas de material máis urxentes para os clubs da provincia. Esta distribución, en palabras da presidenta provincial, "realizarase en cooperación e colaboración cos concellos, atendendo as necesidades e sempre tendo en conta o grao de actividade dos diferentes clubs e o número de deportistas federados. Nun primeiro momento contactaremos cos concellos para que informen os clubs do seu ámbito municipal para formular as demandas e, unha vez detectadas, procederase á convocatoria dun concurso de subministración de material deportivo que nos permita aforrar nos procesos de adquisición e solucionar as necesidades xustificadas das entidades deportivas".
O obxectivo, tal e como subliñou Silva, "é o reparto equitativo e con extenso coñecemento público do alcance das actuacións para que todos os clubs deportivos poidan solicitar material, sempre baixo supervisión dos concellos onde se asentan as entidades deportivas e mantendo equidade entre os recursos e as demandas máis urxentes. Todo iso baixo a máxima da nova forma de xestión, que non é outra que "con todos e para todos".
Este novo modelo de xestión e de relación cos concellos e as administracións, a través do cal as decisións serán sempre consultadas, en primeiro lugar, cos concellos, está baseado "no respecto e lealdade institucional, na transparencia, na participación e na loita contra a arbitrariedade e a discriminación", tal e como asegurou esta mañá a presidenta da Deputación.
Neste sentido, ademais dos encontros que xa se mantiveron con varios concellos da provincia de Pontevedra, dos que Carmela Silva asegurou que "se obtiveron e están a obter interesantes colaboracións e manifestan a boa acollida por parte das administracións locais da nova forma de gobernar da Deputación de Pontevedra", a institución provincial envioulles durante o mes de agosto tres cartas ós concellos para facilitarlles información sobre proxectos e actuacións.
Así, o 7 de agosto envióuselles información sobre o Servizo de Asistencia Intermunicipal da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de que os concellos poidan formular as demandas en materia técnica (urbanismo, proxectos de obras, arqueoloxía…), xurídica (asistencia xurídica, defensa en xuízos e asistencia económico-financeira), informática ou de formación do persoal.
O 14 de agosto envióuselles unha carta para dar conta da convocatoria de axudas do ano 2015 do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para cofinanciar actuacións da Administración electrónica e dos cidadáns en rede e poñer á disposición dos concellos o asesoramento do servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra.

A última das cartas, remitida o 20 de agosto, informaba da apertura do prazo para a solicitude da concesión de anticipos e préstamos reintegrables para que os concellos de menos de 25.000 habitantes e as mancomunidades de concellos da provincia poidan dar resposta inmediata ás súas necesidades máis urxentes.