Deputación se mostrará beligerante frente a la realidad actual del nuevo hospital de Vigo y de las empresas Ence y Elnosa

Carmela Silva, frente al nuevo
hospital de Vigo y las empresas
Ence y Elnosa
FRENTE AL NUEVO HOSPITAL DE VIGO
A presidenta da Deputación expresa "a súa preocupación e indignación polas condicións do novo hospital de Vigo". Carmela Silva anuncia que levarán unha moción ó próximo Pleno da institución ante "o ataque brutal que está a recibir a sanidade pública da provincia de Pontevedra"
O próximo Pleno da Deputación debaterá unha moción, que vai presentar o Grupo Socialista, para opoñerse "á privatización da sanidade pontevedresa representada no novo hospital de Vigo, Álvaro Cunqueiro".
A presidenta, Carmela Silva, cualificou de "ataque brutal á sanidade da provincia" o feito de que un hospital "privado, privado, que viu reducido o seu número de camas e a súa prestación de servizos ós cidadáns dunha grande área da provincia, inclúa ademais un copago pola porta de atrás que obriga os enfermos e as súas familias a pagar por un aparcadoiro, tamén privado. É unha absoluta vergoña".
 A presidenta provincial mostrou "a súa preocupación por moitos pacientes de fóra de Vigo ós que a Xunta de Galicia nin sequera lles ofrece unha proposta de transporte alternativo eficaz para que poidan chegar con facilidade ó centro hospitalario". Sobre as condicións do propio centro hospitalario Silva expresou tamén a súa "indignación ante a redución de servizos fundamentais que desaparecen da área sanitaria de Vigo, por exemplo áreas de referencia que se envían a outras provincias, co que no sur da provincia de Pontevedra haberá unha menor prestación, menos calidade e menos investigación".
 A presidenta da Deputación anunciou que a situación sanitaria, máis en concreto a situación do hospital Álvaro Cunqueiro, será outro dos temas de importancia para formular nas reunións que, en breve, manterá cos alcaldes de Vigo e de Pontevedra, e co resto de alcaldes da provincia. "Somos defensores a ultranza da sanidade pública con todos os recursos, toda a calidade e todos os medios".

FRENTE A ENCE
O Goberno provincial presentará unha proposta para apoiar a posición do Concello de Pontevedra sobre Ence-Elnosa, anunciou o organismo provincial, Deputación.
Instarase á Xunta de Galicia e ó Goberno do Estado "para que non se prorrogue a concesión de Ence e Elnosa"
 O Goberno da Deputación de Pontevedra, tras un acordo co alcalde de Pontevedra, decidiu presentar unha proposta á Xunta de Goberno da institución provincial "co obxectivo de apoiar a posición mantida polo Goberno local, e respaldada polo conxunto da Corporación coa excepción do Partido Popular, fronte a unha agresión que afecta ó futuro de todos os concellos da ría de Pontevedra, que non é outra que o mantemento do complexo contaminante Ence-Elnosa".
 A Deputación de Pontevedra, co obxectivo de posicionarse a favor do Goberno local de Pontevedra, referiu que "acordará o seguinte:
 1.- Instar á Xunta de Galicia, no exercicio das súas competencias exclusivas en ordenación do territorio, a emitir un informe desfavorable sobre a prórroga de Ence, por ser incompatible coas determinacións do POL e das DOT 2.- Instar á Xunta de Galicia a anular a AAI de Elnosa, anulada por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e declarar improrrogable a súa actividade e situación, por ser incompatible co POL, coas DOT, e unha ameaza para a seguridade das poboacións da ría de Pontevedra 3.- Instar ó Goberno do Estado a non prorrogar a concesión de Ence, nin de Elnosa, por significar unha inxerencia nas competencias da Xunta de Galicia en ordenación do territorio e perpetuar por décadas este complexo, e a non adoptar ningunha decisión definitiva sobre estas prórrogas antes da constitución do próximo Goberno do Estado"