El mapa del tiempo de jueves y viernes en Galicia tiene la misma pinta...

Este xoves, unha borrasca localizada ao norte das illas Británicas aportará un sistema frontal que deixará inestabilidade atmosférica. Deste xeito os ceos estarán anubrados con máis nubes no oeste onde haberá precipitacións; durante a tarde e pola noite as chuvias acadarán intensidade moderada en puntos da provincia da Coruña. As temperaturas non terán cambios moi significativos. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con refachos moi fortes nas horas centrais do día no litoral e na metade norte.

Xa no venres, a fronte que o día anterior afectou a oeste galego aínda permanecerá nesa zona. Deste xeito seguirá o ceo cuberto con chuvia na metade oeste, sendo máis persistentes pola mañá e tendendo a remitir durante a tarde. Na metade leste agárdanse intervalos anubrados con diminución das nubes segundo avance o día. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.  (METEOGALICIA)