31/8/15

El Tiempo mejorará este martes en Galicia

As altas presións estarán durante esta xornada no Atlántico ao oeste das illas Británicas, collendo a Galicia no límite do seu radio de acción. Deste xeito o ceo estará máis anubrado canto máis ao norte, mentres que na metade sur a tendencia será cara á apertura de grandes claros; a presenza de aire frío en altura fará que pola tarde medren nubes de evolución que no leste de Ourense poderían deixar algún chuvasco ocasionalmente treboento. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente; as máximas terán lixeiros ascensos nas Rías Baixas, mentres que descenderán lixeiramente na provincia de Lugo. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá tendendo a aumentar a súa intensidade a medida que avancen as horas. (METEOGALICIA)