ERMELO ACOLLE UNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN O 5 DE SETEMBRO

O Club Montañeiros de Pontevedra- A Roelo organiza a Copa Concello de Bueu no marco da IV Liga Aromon Chema-Sport 4ª Carreira de orientación.
O lugar de encontro será a Cruz de Ermelo ás 10 horas do sábado 5 de setembro. Entre as 10.30 e as 12 horas sairán os primeiros corredores, pechándose a meta ás 13 horas e a entrega de premios ás 13.30.
As inscricións poderán realizarse ata o mércores 2 de setembro cubrindo o formulario  que se pode atopar na páxina web do Concello de Bueu, ou nas oficinas do club Montañeros (Praza de Curros Enríquez s/n) e en Chema Sport. O custe será gratuíto para os federados do club ou nenos menores de 15 anos, dous euros para os socios do club ou Federados de FEDO (Federación Española de Orientación) e de cinco euros para os non socios.

Os participantes deberán visitar en orde todos os controis sinalados no mapa coa axuda dunha única brúxula. O gañador será aquel corredor/a que complete o percorrido especificado sen erros e no menor tempo. Soamente poderán optar a Copa do Concello de Bueu aqueles corredores que realicen o seu percorrido sen axuda externa. Ademais tres categorías divididas entre iniciación para nenos, iniciación para adultos e adestramento, que irán destinados a que todos aqueles que o desexen se poidan iniciar nesta disciplina.