Mal arranque del Alondras tropezando ante el ascendido Noia

EMPATE QUE SABE A POUCO AO ALONDRAS
A falta de acoplamento das plantillas nótase no terreo de xogo
Primeira xornada de liga da Terceira División na que se enfrontaban o Alondras, co obxectivo de xogar a fase de ascenso, cun Noia con aspiracións a priori mais baixas por ser un recén ascendido.
Sen embargo os primeiros compases do encontro non reflexaban a realidade, posto que os de Jacobo Montes, que se estreaba no banco cangués, saltaron algo dubitativos ao céspede. Algo que intentabaron aproveitar os visitantes con chegadas de Saro, Suárez e Samu,  á portería defendida por Lorenzo. Pero o Alondras non tardou en reaccionar e axiña os blanquivermellos se foron facendo co balón, pero sen chegar a crear ocasións claras.
A tónica do inicio do segundo tempo foi similar a cómo se chegou ao descanso, cunha clara superioridade dos locais que cada vez chegaban mais á portería rival e que impedían que os homes do Noia pasasen do mediocampo. Chegaron ocasións moi claras para o Alondras como un balón longo a Benja que se lle marchou por moi pouco, ou unha internada de Joni pola banda dereita. Xa na recta final do encontro e cando mellor estaba o equipo de Montes chegou o punto de inflexión, a rigurosa segunda tarxeta amarela para Benja que mermou aos locais. O Alondras cun home menos e co tempo enriba pouco mais puido facer.
FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Lorenzo, Castilla, Rubén Comesaña, Fiuza, Agujetas, Álex Gómez (Champi, min 89), Leiro, Berros, Benja, Diego Diz (Mauro, min 52) e Joni (Abel, min 87).
CF NOIA: Toledo, Mario, Juanjo, Bendaña, Munín, Banana, Saro (Josiño, min 77), Samu, Suárez (Toni, min 72), Villa, Hugo (Álex Blanco, min 66). 
ÁRBITRO: Novas Benavides, auxiliado por Veloso Prado e Mosquera Goce, do Colexio de Vigo. Amonestou con cartulina amarela a Mauro e Joni. Con doble amarela a Benja por parte do Alondras. E a Bendaña, Saro, Samu, Hugo e Álex Blanco polo Noia.
CAMPO: 1ª xornada de Terceira División, disputada no Campo de O Morrazo ante uns 600 espectadores.

Texto y foto de Sheila Lorenzo