Montecelo y Príncipe Felipe acabarán cercados por las chepas como tantas otras zonas de Pontevedra

Deputación hizo pública hace unas horas, la nota que sigue. De ella se deduce que los planes en marcha por parte del Concello de Pontevedra tendrán la bendición de Deputación, máxime cuando el àrea de movilidad en el organismo provincial está también a cargo del BNG. El reino de las chepas, lombos o lombas, como se les quiera llamar a las jorobas asfálticas que acaban por destruir amortiguadores de coches y con un calvario para los enfermos transportados en ambulancias, se extiende inexorablemente...

A Deputación e o Concello de Pontevedra están en total sintonía para mellorar a seguranza viaria no contorno de Príncipe Felipe en Montecelo.  Responsables políticos e técnicos das dúas administracións reuníronse hoxe para abordar o proxecto de mellora global de accesibilidade, seguranza viaria e mobilidade no que está a traballar o Goberno local para a estrada que chega ó hospital e ás instalacións provinciais da cidade infantil. O resultado do encontro foi positivo, xa que ambas institucións seguen unha mesma filosofía xeral sobre a materia. Así, iniciouse "un bo clima de colaboración" que se concretará en reunións técnicas para atopar propostas conxuntas de calmado do tráfico nas vindeiras semanas.
O concelleiro de Mobilidade de Pontevedra, Luís Bará, subliñou que a seguranza viaria é un obxectivo primordial para o Concello de Pontevedra e que o proxecto de Montecelo persegue unha mellora global da accesibilidade, a seguranza viaria e a mobilidade dos veciños (tanto peonil, como no referido ao transporte público e aos estacionamentos). A reunión de hoxe encádrase nunha rolda de contactos con tódalas institucións afectadas polas obras na vía que une a N-541 coa C-531 (que se centrarán principalmente) na fronte do Hospital Montecelo e nas inmediacións do Príncipe Felipe. A vindeira semana haberá un encontro con responsables do CHOP e do CIFP Carlos Oroza para que tamén realicen as súas aportacións. "A Policía Local detectou vehículos a 107 quilómetros por hora ás seis da tarde nesta vía e eso hai que solucionalo", manifestou.  
Pola súa parte, a deputada responsable de Príncipe Felipe, Eva Vilaverde, indicou "sintonía común" de ámbalas administracións e aplaudiu as actuacións que está a levar adiante o Concello de Pontevedra nos contornos dos centros educativos para garantir a seguranza viaria. Neste sentido, sinalou que o Príncipe Felipe é un "macrocentro" no que se inclúe un centro de Primaria, un de Educación Infantil, un de Ensino Especial, outros de Formación Profesional (o IES Montecelo e o CIFP Carlos Oroza) e os centros de acollida da Deputación. "Estamos a falar dun movemento de entrada e saída ao centro que chega ás 1.500 persoas, e todas elas atópanse cun problema de acceso e una situación do viario que non é a máis segura", afirmou.  
Neste sentido, o novo asesor provincial en materia de mobilidade, Jesús Fole, apuntou a posibilidade de crear unha glorieta no acceso á cidade infantil, que serviría de calmado do tráfico e facilitaría a incorporación dos usuarios ás instalacións. O técnico estudará o anteproxecto sobre a zona realizado pola Policía Local de Pontevedra e proporá as actuacións que considera máis axeitadas para esa localización.
Pola súa banda, o deputado responsable de Infraestruturas, Uxío Benítez, subliñou que coa reunión de onte evidéncianse as novas actitudes e o cambio na Deputación en dous sentidos. O primeiro, na concepción de que o organismo provincial se debe aos concellos: "vimos a escoitar a un concello exemplar e a facer propostas non a dicir que hai que facer impoñendo". Por outra banda sinalou que o departamento de Infraestruturas provincial terá como principal eixo realizar actuacións onde as persoas (e non os vehículos) serán as protagonistas: "as infraestruturas deben estar ao servizo dos usuarios e tódalas medidas que avancen en accesibilidade, seguranza viaria e mobilidade terán un oco nas nosas políticas de actuación", finalizou.
A proposta do Concello para a estrada municipal (que pertenceu á Deputación ata setembro de 2008) inclúe melloras de beirarrúas, a creación de sendas peonís nas cunetas que agora invaden os coches, a reordenacións das paradas de autobús e das zonas de carga e descarga, a creación de estacionamentos de motocicletas, o traslado de zonas de aparcamento para discapacidades a lugares máis accesibles, a instalación de medidas de calmado do tráfico e a mellora da iluminación, entre outras. O obxectivo é que todo o contorno teña un tratamento urbano como o que merece un espazo central como é o Hospital Montecelo e o Príncipe Felipe, utilizados por milleiros de persoas de toda a provincia a diario.
No encontro estiveron presentes os deputados provinciais Eva Vilaverde e Uxío Benítez; o director do Príncipe Felipe, José Ramón Couto; o asesor provincial de Mobilidade, Jesús Aser Fole; e a técnica do servizo provincial de Infraestruturas, Belén Pampín, por parte da Deputación. Por parte do Concello estiveron presentes os concelleiros Luís Bará e Alberte Oubiña, xunto co enxeñeiro municipal, Jesús Gómez Viñas.